HomeOurenseResumo de acordos da Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense...

Resumo de acordos da Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense do 3 de marzo de 2023

- Anuncio -spot_img

A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense, celebrada esta mañá no salón de plenos, deu conta de 25 asuntos na orde do día achegados por diferentes áreas e departamentos municipais.

Licenzas (7)

Conceder licenza de obra para a mellora nas condicións de accesibilidade, mediante a reforma dos portais e a modernización do ascensor na rúa Vila Real

Conceder a licenza de obra para a reforma interior dunha vivenda en Barrocás

Conceder a licenza para as obras de instalación de ascensor nun edificio na rúa Río Navea

Conceder unha licenza urbanística para asegurar un noiro nas parcelas 72 a 90, 95, 96 e 97 do Plan Parcial do sector A6.

Recoñecer un pagamento a favor do Xulgado do Contencioso Administrativo número 1 de Ourense

Conceder a licenza de obra para o proxecto básico e de execución dunha clínica dental na rúa Celso Emilio Ferreiro

Conceder a licenza urbanística para o cambio de uso dun local comercial a garaxe aparcamento, na rúa Río Támega

Patrimonio (7)

Inadmitir a reclamación de responsabilidade patrimonial presentada por un particular por non acreditar lexitimación para presentala

Recoñecer unha obriga a favor do xulgado do contencioso-administrativo número 1 de Ourense

Estimar a reclamación dun condutor por danos ocasionados no seu vehículo como consecuencia dunha focha no Paseo da Lontreira e recoñecer unha obriga en concepto de indemnización por responsabilidade patrimonial.

Corrección dun erro material en acordo da Xunta de Goberno Local noutro expediente de responsabilidade patrimonial

Recoñecer unha obriga a favor do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Ourense e outra a favor do número 1.

Requirir un condutor a que pague ao Concello a suma de 96,43 € en concepto de indemnización polos danos causados a un fito (H-75) na rúa Salvador de Madariaga.

Requirir outro condutor para que pague ao Concello 96,43 € en concepto de indemnización polos danos causados nun sinal vertical da glorieta do afiador na rúa Otero Pedrayo

Requirir unha condutora para que pague ao Concello 1.488,91 € en concepto de indemnización polos danos causados nun farol na rúa Xesús Pousa

Requirir outra condutora para que lle pague ao Concello 951,51 euros en concepto de indemnización polos danos causados nun sinal vertical (R-101), unha papeleira e un contedor na rúa Florentino Cuevillas.

Servizo de Rehabilitación (2)

Déuselle o visto bo a dúas axudas á rehabilitación de vivendas nas ARRU do Núcleo Etnográfico de Seixalbo e Centro Histórico. A xunta de Goberno declara autorizados os gastos correspondentes as subvencións que solicitaron senllos particulares para financiar as obras de illamento térmico exterior dunha vivenda na rúa Sol e as obras de substitución de carpinterías exteriores nunha vivenda na rúa Emilia Pardo Bazán.

Xestión económica e orzamentaria (1)

Aprobar unha relación de facturas, por un importe total de 7.988,68 euros, correspondentes a gastos realizados no exercicio 2022, que non puideron seguir a tramitación ordinaria para a súa aprobación no devandito exercicio.

Xestión tributaria (1)

Recoñecer unha cantidade a favor do Xulgado do contencioso-administrativo número 1 de Ourense

Asuntos sociais (1)

Aprobar e dispoñer o gasto e recoñecer a obriga por importe de 2.566,50 euros por alugueiro dun local da área social do Concello.

Participación cidadá (1)

Aprobar a convocatoria para a selección de proxectos formativo-participativos para Participación Cidadá para o ano 2023, dotada cun orzamento de 150.000,00 €

Avogacía consistorial (5)

Dar contra da sentenza 69/23 ditada polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que desestima o recurso de apelación promovido por unha comunidade de veciños contra unha sentenza do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Ourense. A sentenza de apelación confirma a de instancia e declara a legalidade da resolución municipal recorrida, no sentido de entender correctamente denegada a licenza de instalación dun ascensor.

Dar conta da sentenza 71/23 ditada polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia que desestima o recurso dun particular contra a sentenza do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Ourense. A sentenza confirma a de instancia e dálle a razón ao Concello no sentido de confirmar a denegación da licenza de legalización solicitada polo recorrente.

Dar conta do auto 9/23 ditado polo Xulgado Contencioso-Administrativo número 2 de Ourense que declara rematado un procedemento abreviado

Dar conta de que o Concello foi emprazado para comparecer en calidade de demandado diante dos xulgados do Contencioso-Administrativo número 1 e 2 de Ourense nos procedementos abreviados interpostos por particulares en materia de reclamación de responsabilidade patrimonial e solicitude de rectificación dunha autoliquidación polo Imposto sobre o Incremento do Valor dos Terreos de Natureza Urbana

Publicacións Relacionadas