HomeOurenseResumo dos acordos da Xunta de Goberno Local – 16 febreiro

Resumo dos acordos da Xunta de Goberno Local – 16 febreiro

- Anuncio -spot_img

Aprobáronse 15 acordos na sesión ordinaria desta semana

A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense aprobou 15 acordos presentados polos diferentes servizos municipais na súa sesión ordinaria desta semana, que tivo lugar esta mañá no salón de plenos do Concello, presidida polo alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome.

Licenzas (4)

Conceder a licenza de obra para o proxecto básico de reforma interior de dúas plantas e cuberta nun edificio na rúa Doutor Temes.

Conceder a licenza de segregación dunha parcela en Santa Mariña do Monte.

Conceder a licenza de obra para a ampliación dunha vivenda para garaxe na Senra, Velle.

Coñeceuse o troco do titular da licenza urbanística de instalación e de obra para oficinas na rúa do Cumial, na zona industrial de Seixalbo.

Servizo de Contratación (6)

Acordar a prórroga por un ano do contrato do servizo de mantemento da caseta de control da calidade do aire do Concello

Rexeitar a solicitude formulada por Alimentación Saludable Gallega SL para que se modifique o contrato administrativo do Servizo de Comida no Fogar para o restablecemento do equilibrio financeiro do contrato como consecuencia do incremento de prezos experimentado nos custes, mediante un incremento do prezo unitario do menú nun 8%, así como as solicitudes formuladas de forma subsidiaria para que se resolva o contrato en base ás consideracións do informe xurídico do que se lle dará traslado á interesada.

Tamén se acorda dar traslado do escrito de Alimentación Saludable Gallega SL e do informe xurídico ao Servizo de Benestar Social á fin de que analice a procedencia de resolver anticipadamente e de mutuo acordo o contrato e iniciar así unha nova licitación, tal e como interesa a empresa contratista.

Rectificar o prego de prescricións técnicas aprobado pola Xunta de Goberno Local, en sesión ordinaria de 02/02/2023, para contratar o seguro de responsabilidade civil e patrimonial do Concello de Ourense e do Consello Municipal de Deportes.

Aprobar o expediente para contratar o servizo de mantemento integral e subministración de consumibles de 23 impresoras e equipos multifunción.

Aprobar o expediente para contratar o servizo de mantemento e subministración de consumibles de dous equipos de impresión de gran tirada de copias.

Aprobar o expediente para contratar o servizo de mantemento de tres aplicacións informáticas

Participación Cidadá (1)

Acordar a extinción do contrato de arrendamento dun local sito rúa Portocarreiro.

Xestión económica e orzamentaria (1)

Aprobar unha relación de facturas por un importe total de 7.608,74 euros, correspondentes a gastos realizados no exercicio 2022 que non puideron seguir a tramitación ordinaria para a súa aprobación no dito exercicio.

Xestión tributaria (1)

Solicitarlle á Dirección Xeral do Catastro o encargo á Sociedade Estatal de Xestión Inmobiliaria de Patrimonio S.A. (Segipsa) de realización dos traballos catastrais obxecto do convenio de colaboración subscrito co Concello de Ourense ata o 31 de decembro de 2023.

Avogacía Consistorial (2)

Dar conta de que o Concello foi emprazado para comparecer e presentarse en calidade de demandado diante do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Ourense, en dous procedementos abreviados en materia de reclamación de responsabilidade patrimonial.

Publicacións Relacionadas