Home Deputacións Deputación Ourense Roberto Fernández Álvarez recibe o XLI Premio Blanco-Amor por “unha novela que...

Roberto Fernández Álvarez recibe o XLI Premio Blanco-Amor por “unha novela que o sitúa ao carón dos grandes das nosas letras”

- Anuncio -

O vicepresidente segundo da Deputación, César Fernández, entregou ao autor ourensán o galardón concedido pola obra “A inmoral doutora Cons”

César Fernández celebrou o premio e a homenaxe a Blanco-Amor, “unha figura decisiva na construción da nosa nación cultural”

O vicepresidente lembrou o esforzo da Deputación de Ourense e do seu presidente, Manuel Baltar, “por recoller este premio no momento que esmorecía e devolvelo ao nivel merecido por Blanco-Amor, un exemplo como persoa e cidadá, polo seu espírito crítico e polo seu amor a Ourense”

O gañador enmarcouse entre “dúas correntes eléctricas, a miña paixón pola medicina e a miña paixón pola literatura” e adicou o premio ao seu pai

O xurado, por maioría, seleccionou a obra gañadora polo “retrato certeiro do rural galego na década dos 50 do pasado século apoiado nunha excelente documentación”. E resalta o “tratamento acaído da perspectiva de xénero, a construción dos personaxes e o bo manexo dos diálogos, con acenos próximos á obra de Eduardo Blanco-Amor e Álvaro Cunqueiro”

O ourensán Roberto Fernández Álvarez recibiu esta tarde o XLI Premio de novela Eduardo Blanco-Amor pola obra “A inmoral doutora Cons”, unha novela seleccionada polo xurado de entre 25 orixinais presentados ao galardón máis veterano e de maior prestixio da novela en lingua galega, organizado pola Deputación de Ourense en colaboración coa Fundación Eduardo Blanco-Amor e dotado cun premio de 15.000 euros, xunto cunha peza escultórica do artista ourensán Acisclo Manzano.

O Liceo de Ourense acolleu o acto literario de entrega do premio, onde se deron cita o vicepresidente segundo da Deputación, César Fernández; o secretario xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, Valentín García; o director da Fundación Eduardo Blanco-Amor, Luís González Tosar; e representantes de institucións, entidades e persoeiros do ámbito cultural ourensán e galego.

César Fernández foi o encargado de entregar o premio a Roberto Fernández Álvarez por “unha novela que o sitúa ao carón dos grandes das nosas letras”, celebrando o fallo do xurado e esta homenaxe a Eduardo Blanco-Amor, “unha figura clave na construción cultural de Galicia”.

Sobre a figura de Blanco-Amor, o vicepresidente segundo sinalou que “figuras como el son clave para a nosa nación cultural”, polo que as administracións públicas “teñen o compromiso de potenciar e reivindicar as súas figuras”. César Fernández lembrou o esforzo da Deputación de Ourense e do seu presidente, Manuel Baltar, “por recoller este premio no momento que esmorecía e devolvelo ao nivel merecido por Eduardo Blanco-Amor, un exemplo como persoa e cidadá, polo seu espírito crítico e polo seu amor a Ourense”.

Roberto Fernández Álvarez agradeceu o premio, “enmarcándose entre dúas correntes eléctricas, a miña paixón pola literatura e a miña paixón pola medicina”. Confesouse fascinado por recibir “o premio Nobel, porque para min este é o premio Nobel da literatura galega”. O gañador do XLI Premio Blanco-Amor adicou o recoñecemento ao seu pai, Silverio, pola influencia literaria na súa persoa.

González Tosar: “Esta é unha novela fresca e ben trazada, que dará que falar”

Pola súa banda, Luís González Tosar remarcou a celebración “dun personaxe completamente distinto, Eduardo Blanco Amor, un rapaz que con dezanove anos decide emigrar, vivir unha vida libre e recuncar en 1965 a Ourense, cheo de ilusións, entrañable e necesitado de cariño”.

“Hoxe sentímonos encantado, felices, por escoitar unhas palabras de aire fresco”, sinalou González Tosar en relación á figura de Roberto Fernández Álvarez, definindo “A inmoral doutora Cons” como unha obra que “vai a dar que falar, unha boa novela no sentido máis puro, fresca e ben trazada”.

Sobre o gañador do premio, o secretario xeral de Política Lingüística amosouse na súa intervención convencido de que un “médico que escribe novelas é, sen dúbida, un bo médico e un médico que gaña o Blanco-Amor é un novelista formidable”.

O xurado recoñece un “retrato certeiro do rural galego nos anos 50 do século XX”

O xurado seleccionou a novela “A inmoral doutora Cons”, presentada baixo o pseudónimo de Carme Leonor Friedmann, pola “habilidade do autor para reconstruír un tempo pasado” -a década dos 50 do século XX- e “o retrato certeiro do rural galego, cun matiz ourensán, fronte á perspectiva dunha médica que chega de fóra e que loita con valentía para desbotar prexuízos instalados naquela sociedade, principalmente no eido sanitario”. Ademais, o xurado destaca o “tratamento acaído da perspectiva de xénero, a construción dos personaxes e o bo manexo dos diálogos, con acenos próximos á obra de Eduardo Blanco-Amor e Álvaro Cunqueiro”.

O xurado estivo presidido por Luís González Tosar, en representación da Fundación Blanco-Amor, e integrado por Elba Pedrosa, Mario Regueira, Tensi Gesteira e Maite Jiménez.

Roberto Fernández Álvarez (Ourense, 1967) é médico de Atención Primaria en Allariz. É autor do ensaio “Enfermos pobres, médicos tristes”, gañador do XXI edición do premio Vicente Risco de ciencias sociais. En “A inmoral doutora Cons”, o narrador testemuña, Nonato González “Golpe”, lembra os acontecementos vividos na súa adolescencia arredor da chegada ao pobo da doutora África Cons del Valle. Unha novela coral, apoiada nunha excelente documentación, pola que transitan máis de 30 personaxes todos eles nun carácter moi singular.

Relacionadas

A Deputación e o GDR Limia Arnoia asinan un convenio de colaboración para a...

0
O presidente provincial, Luis Menor; e o presidente do GDR Limia Arnoia, Gumersindo Lamas Alvar, asinaron o documento polo que a Deputación cede sete...

Luis Menor e o conselleiro de Cultura poñen en valor a cooperación institucional na...

0
José López Campos fixo a súa primeira visita institucional a Ourense e foi recibido polo presidente provincial na actividade da Asociación Provincial de Libreiros...

Luis Menor agradece a Daniel Minimalia que peche a súa xira musical “Terra” na...

0
O presidente provincial reuniuse hoxe no Pazo Provincial co artista ourensán que ofrecerá un concerto este venres, 26 de abril, no Teatro Principal para...

O alcalde recibe a Daniel Minimalia, gañador do Grammy Latino 2020, que actuará este...

0
Pérez Jácome destacou a excelente traxectoria do artista: “un dos nosos que está triunfando nun mundo tan difícil como é o da música” O alcalde...

Máis de 100 establecementos participan na ‘Primaveira de Portas Abertas’ nas Rutas dos Viños,...

0
— Participan 69 adegas, 13 restaurantes e 21 aloxamentos nos territorios vitivinícolas — Están programadas máis de 60 actividades como catas a cegas ou con...

A deputada de Infraestruturas Públicas, Isabel Couselo, reúnese con responsables da Asociación de Produtores...

0
A deputada de Infraestruturas Públicas, Mobilidade e Contratación, Isabel Couselo, mantivo unha xuntanza con responsables da Asociación de Produtores e Distribuidores de Enerxía de...

Publicacións Relacionadas