HomeOurenseRotundo éxito das charlas formativas sobre compostaxe que organiza o Concello de...

Rotundo éxito das charlas formativas sobre compostaxe que organiza o Concello de Ourense coa colaboración de Sogama e a Agrupación de veciños Miño

- Anuncio -spot_img

Máis de 750 veciños sumáronse ata o de agora ao compostaxe no fogar na cidade de Ourense, dentro do plan de compostaxe domestico liderado en Galicia pola empresa pública Sogama “Composta con Nós”

A concelleria de Medio Ambiente, en colaboración coa empresa pública Sogama, e a Agrupación de Asociacións Veciñais Miño, colaboraron no desenvolvemento dun ciclo formativo de xestión de compost para a veciñanza. Nesta ocasión, a oferta formativa realizouse nas sedes das asociacións veciñais de Rabo de Galo, Vistahermosa, Souto Sanín, ou Reza

Nelas, máis de 200 veciños aprenderon a facer compós de maneira adecuada. Co cal, no que vai de ano, 251 veciños sumáronse ao Plan de Compostaxe Doméstico na cidade que, sumado aos 500 veciños participantes en anos anteriores, reflexan unha cifra que amosa un grande interese polo compostaxe doméstico na cidade de Ourense

O concelleiro de Medio Ambiente, Jorge Pumar, valora como un gran éxito este ciclo formativo, e agradece a colaboración das asociacións veciñais para o despegue e implantación deste programa clave para a conversión de Ourense nunha cidade sostible. Fai extensible o seu agradecemento a todos os veciños que participan de forma activa neste programa ambiental da concellería de dirixe

Pumar informa tamén que traballa no desenvolvemento de novas charlas para atender a demanda de toda a veciñanza, e lembra que a porta Concellería de Medio Ambiente “está aberta a todas as iniciativas veciñais a prol da sostenibilidade e a defensa do medio ambiente local”

Máis de 750 veciños de cidade sumáronse a elaborar compost nos seus fogares dentro do plan de compostaxe doméstico “Composta con Nós”, organizado pola Concellería de Medio Ambiente, en colaboración coa empresa pública Sogama, e a Agrupación de Asociacións Veciñais Miño, para o desenvolvemento dun ciclo formativo de xestión de compost para a veciñanza. Nesta ocasión, a oferta formativa realizouse nas sedes das asociacións veciñais de Rabo de Galo, Vistahermosa, Souto Sanín, ou Reza.

Nelas, máis de 200 veciños aprenderon a facer compost de maneira adecuada. Co cal, no que vai de ano, 251 veciños sumáronse ao Plan de Compostaxe Doméstico na cidade que, sumado aos 500 veciños participantes en anos anteriores, reflexan unha cifra que amosa un grande interese polo compostaxe doméstico na nosa cidade.

Estas formacións teñen como fin a implantación da xestión de compost entre os veciños da cidade, en especial nos veciños do espazo rural.

Con este curso, os cidadáns capacítanse para unha autoxestión adecuada dos seus residuos orgánicos, convertendo un refugallo nun adecuado abono natural para o seu uso en hortas e plantacións.

O concelleiro de Medio Ambiente, Jorge Pumar, valora como un gran éxito este ciclo formativo, e agradece a colaboración das asociacións veciñais para o despegue e implantación deste programa clave para a conversión de Ourense nunha cidade sostible. Fai extensible tamén o seu agradecemento a todos os veciños que participan de forma activa neste programa ambiental da concellería que dirixe.

Pumar informa tamén que traballa no desenvolvemento de novas charlas para atender a demanda de toda a veciñanza, e lembra que a porta da Concellería de Medio Ambiente “está aberta a todas as iniciativas veciñais a prol da sostenibilidade e a defensa do medio ambiente local”.

Para Jorge Pumar “a compostaxe é clave para o desenvolvemento da economía circular na cidade de Ourense”. “Con este tipo de cursos damos á veciñanza as ferramentas adecuadas para que poidan aplicar economía circular nos seus fogares”, afirma o concelleiro Jorge Pumar. Esto indica que a Concellería de Medio Ambiente traballa na implantación deste tipo de formación polas súas vantaxes medioambientais. Lembra o concelleiro de Medio Ambiente, que “a materia orgánica representa o 42% da composición da bolsa de lixo, polo tanto se somos capaces de reciclala en orixe, (a lo menos unha parte deste tipo de residuos), os beneficios medioambientais, económicos e sociais serían considerables para a cidade”.

Os máis de 200 veciños participantes nas actividades formativas desta semana instruíronse nos pormenores da compostaxe doméstica e nos pasos a dar para que, a partir dos restos orgánicos, acadar un abono natural de alta calidade que cumpra con todos os requisitos exixidos na lexislación vixente e que, polo tanto, poida ser aplicado na agricultura e xardinaría con garantías. Desta forma, o compost resultante regresa á terra para darlle unha nova vida a plantas e cultivos, constituíndo todo un exemplo de economía circular e sostible.

O concelleiro Jorge Pumar, informa que a colaboración entre Sogama e a Concellería de Medio Ambiente, permitiu a incorporación de máis de 550 veciños ata o momento no programa de compostaxe e, polo tanto, foron beneficiarios da súa formación e recibiron o seu correspondente composteiro, con capacidade para 400 litros, fabricado con material reciclado e reciclable, para o desenvolvemento das súas actividades de reciclaxe nos seus fogares, hortos, xardíns ou fincas de cultivo.

Durante as xornadas formativas, os participantes aprenderon o uso do propio composteiro que posteriormente recibiron; os lugares de localización preferente, que debe colocarse no exterior da vivenda nunha zona protexida das inclemencias meteorolóxicas e en contacto directo coa terra para facilitar a entrada de microorganismos descompoñedores; ata a relación de materiais que deben (e non deben) depositar no mesmo. Igualmente, aprenderon a grande importancia que teñen un bo control dos parámetros claves tales como o osíxeno, a temperatura ou a humidade.

Nas formacións, os veciños e veciñas recibiron manuais didácticos de apoio para reforzar coñecementos e dar resposta ás preguntas máis frecuentes. Sogama recorda que todos os interesados dispoñen de información no sitio web www.compostaconsogama.gal.

Publicacións Relacionadas