Xa están á venda desde hoxe a través de Ataquilla as entradas para a Zona Fan do concerto de David Otero e Taburete, o día 24 de xuño, na rúa Pardo de Celo, dentro das Festas de Ourense 2022. Por esixencia do provedor, haberá 3.000 entradas deste tipo, que permiten acceder á denominada Zona Fan. En calqueira caso, o concerto poderá ser seguido gratuitamente desde o resto do espazo habilitado na rúa Pardo de Cela.