Home Ourense A Xunta aposta pola mobilidade sostible na Ribeira Sacra co fomento de...

A Xunta aposta pola mobilidade sostible na Ribeira Sacra co fomento de medios de transporte públicos

- Anuncio -

― O vicepresidente primeiro, Alfonso Rueda, asistiu á presentación do bus lanzadeira de acceso ao Mosteiro de Santa Cristina de Ribas de Sil, unha iniciativa coa que se pretende reducir o tráfico privado para preservar a contorna natural

― Forma parte das actuación do Plan de Sustentabilidade Turística na Ribeira Sacra que impulsa o Consorcio de Turismo Ribeira Sacra

O vicepresidente primeiro, Alfonso Rueda, asistiu hoxe á presentación do bus lanzadeira de acceso ao Mosteiro de Santa Cristina de Ribas de Sil, unha iniciativa coa que se pretende reducir o tráfico privado para preservar a contorna natural e que forma parte da aposta da Xunta pola mobilidade sostible na Ribeira Sacra co fomento de medios de transporte público.

O bus lanzadeira é unha das actuacións que se están levando a cabo no Plan de Sustentabilidade na Ribeira Sacra, impulsado polo Consorcio de Turismo Ribeira Sacra, para evitar que o incremento da demanda turística xere un impacto crecente sobre o territorio. Con este obxectivo, preténdese reducir a presenza de vehículos privados, favorecendo un uso dos espazos públicos máis sostible e seguro.

Entre as medidas adoptadas figura a creación dunha liña de transporte público ao Mosteiro de Santa Cristina de Ribas de Sil que fará o seu percorrido de mércores a domingo, con frecuencias e prezos atractivos e con efecto disuasorio cara o uso do vehículo privado.

O Plan de Sustentabilidade Turística na Ribeira Sacra suporá un investimento de 1,8M € neste territorio, dos que a Xunta fai unha achega de 850.000 euros. O resto do investimento corre a cargo da Secretaría de Estado de Turismo e do Consorcio de Turismo Ribeira Sacra.

O plan permitirá levar adiante un conxunto de actuacións co obxectivo de garantir a sustentabilidade ambiental, económica e social no proceso de consolidación da Ribeira Sacra como destino turístico.

Relacionadas

Rueda aposta por unha “colaboración institucional sincera” para construír a Galicia do futuro...

0
— Defende crear un clima favorable para os proxectos empresariais e industrias, así como impulsar as enerxías verdes — Aposta polo rigor sinalando “que non...

A Deputación e o GDR Limia Arnoia asinan un convenio de colaboración para a...

0
O presidente provincial, Luis Menor; e o presidente do GDR Limia Arnoia, Gumersindo Lamas Alvar, asinaron o documento polo que a Deputación cede sete...

Luis Menor e o conselleiro de Cultura poñen en valor a cooperación institucional na...

0
José López Campos fixo a súa primeira visita institucional a Ourense e foi recibido polo presidente provincial na actividade da Asociación Provincial de Libreiros...

Luis Menor agradece a Daniel Minimalia que peche a súa xira musical “Terra” na...

0
O presidente provincial reuniuse hoxe no Pazo Provincial co artista ourensán que ofrecerá un concerto este venres, 26 de abril, no Teatro Principal para...

O alcalde recibe a Daniel Minimalia, gañador do Grammy Latino 2020, que actuará este...

0
Pérez Jácome destacou a excelente traxectoria do artista: “un dos nosos que está triunfando nun mundo tan difícil como é o da música” O alcalde...

A Xunta pon en valor o aval do Tribunal Constitucional á Lei do litoral...

0
― A sentencia do TC referenda as plenas competencias que ten a Comunidade para xestionar o seu litoral sen necesidade de reformar o Estatuto...

Publicacións Relacionadas