HomeOurenseXosé Miguel Pérez asume a presidencia do PP en San Xoán de...

Xosé Miguel Pérez asume a presidencia do PP en San Xoán de Río co obxectivo de converter o partido en “ferramenta e motor de transformación do municipio”

- Anuncio -spot_img

O Congreso do Partido Popular en San Xoán de Río elixiu como presidente da agrupación local a Xosé Miguel Pérez Blecua (San Xoán de Río, 1985), abrindo así unha nova etapa política que aplaudiu o presidente provincial, Luis Menor, presente tamén no conclave, pois segundo destacou Blecua aglutina a tradición e bo facer de antes e a aposta pola “nova ruralidade” ou novo modelo de vida no rural.

Luis Menor puxo en valor a intervención do novo presidente da agrupación local polo seu “compromiso de integración e unidade do partido: “non sobra ninguén”. Agora é o momento de “afianzar” o partido, dixo o presidente provincial, para contribuír a mellorar os resultados en calquera convocatoria electoral. Neste sentido apuntou que os dous concellos da comarca gobernados polo PP -San Xoán de Río e Chandrexa de Queixa- “poden servir de punto de partida como exemplo de boa xestión para ampliar en 2027 os gobernos populares nesta zona da provincia”.

Pola súa banda, Xosé Miguel Pérez dixo asumir a presidencia do PP local co obxectivo de converter o partido nunha “ferramenta e motor de transformación do municipio”. Para este fin, asegurou, contará co mellor equipo, que se divide practicamente á metade entre xente moza e persoas con ampla experiencia. Aposta así por ter o seu lado a xente que sexa quen de dar resposta ao rural de sempre e a unha sociedade, tamén no rural, que vai mudando e demandando outro tipo de servizos.

No congreso local tamén estiveron a presidenta de Novas Xeracións do PPdeG, Nicole Grueira, e da organización xuvenil ourensá, Ignacio Campo, unha mostra da mocidade pola que compre apostar, concluíu Pérez Blecua, asegurando que o PP de San Xoán de Río é un partido “diverso en idade, experiencia, condición, preparación e agora tamén estabilidade”.

Publicacións Relacionadas