Home Ourense Todo a punto no Campo de Mariñamansa para a súa inauguración, a...

Todo a punto no Campo de Mariñamansa para a súa inauguración, a próxima semana, cun partido da Selección Española de Hóckey

- Anuncio -

O presidente do Consello Municipal de Deportes e concelleiro de Deportes, Mario Guede, convidou os portavoces dos partidos que conforman o CMD a visitar esta mañá o estado do campo, recentemente reformado cun investimento municipal de máis de 473.000 euros

A reforma dotou o campo dunha nova superficie, certificada pola FIH Global Category, o que permitirá a celebración de partidos internacionais

“O vindeiro domingo, 31 de outubro, o Campo de Hóckey de Mariñamansa será inaugurado do mellor xeito e ao máis alto nivel: cos integrantes da Selección Absoluta de Hóckey de España, o que suporá un orgullo para Ourense, unha cidade cunha gran tradición e calidade neste deporte”, recalca Mario Guede

Os portavoces dos diferentes grupos municipais que conforman o Consello Municipal de Deportes (Rhut Reza, do BNG; José Araújo, de Ciudadanos; Borja López, do PSOE; e Armando Ojea, de Democracia Ourensana) acompañaron esta mañá o presidente do Consello Municipal de Deportes e concelleiro de Deportes, Mario Guede, a unha visita ás obras que remataron no Campo de Hóckey de Mariñamansa e que serán inauguradas o vindeiro domingo 31 de outubro cun partido da Selección Española de Hóckey.

O concelleiro de Deportes, Mario Guede, lembra e agradece que todos os grupos que conforman o CMD apoiaron de xeito unánime a realización desta obra mediante a aprobación dunha modificación de crédito por importe de máis de 473.000 euros.

“O Campo de Hóckey de Mariñamansa será inaugurado do mellor xeito e ao máis alto nivel: cos integrantes da Selección Absoluta de Hóckey de España, o que suporá un orgullo para Ourense, unha cidade cunha gran tradición e calidade neste deporte”, recalca Mario Guede

Estas obras, executadas pola empresa OPSA, contemplou unha nova superficie, certificada pola FIH Global Category, o que permitirá a celebración de partidos internacionais. O proxecto implicou a instalación dun céspede monofilamento texturizado, a substitución das porterías, unha nova instalación de rego, proxectores led, bancos a pé de campo, sistema de vídeo gravación e alarma en toda as instalacións. Ademais, reformouse a cuberta, xa que en períodos chuviosos filtraba auga ao interior das instalacións, xunto coa protección dos lucernarios.

Relacionadas

O Concello de Ourense festexa o Día da Educación Física na rúa cunha actividade...

0
A actividade reuniu máis de 300 participantes, entre profesorado e alumnado, do CPR Luis Vives Máis de 300 persoas, entre alumnado e profesorado, xuntáronse esta...

A Deputación mobiliza máis de 420.600 euros en axudas para ciclos e festivais culturais,...

0
A Xunta de Goberno tamén autorizou a modificación de obras, dentro do Plan de Cooperación CooperOU, solicitadas polos concellos de Boborás, Leiro, Punxín e...

A Deputación colabora na Copa de España Dragón de piragüismo que se disputará esta...

0
O vicepresidente segundo e deputado de Deportes, César Fernández, participou hoxe no complexo turístico O Corgo, na presentación desta proba de 200 metros que...

A VII edición da “Ourense Strade Termal” reunirá a preto de 400 deportistas de...

0
Este evento deportivo, que se celebrará o 21 de abril co apoio da Deputación de Ourense a través do Inorde e da Axencia de...

Luis Menor, nas Xornadas sobre Territorios Rurais Intelixentes: “Se estamos conectados e con servizos,...

0
O Centro de Loita Integral contra o Lume de Toén reuniu a alcaldes e representantes municipais para analizar os retos de futuro do rural...

Os deportistas ourensáns, Xan Somoza e Víctor López, convocados pola Federación Española de Volei...

0
O alcalde de Ourense, Gonzalo P. Jácome xunto co concelleiro de Deportes, Aníbal Pereira, recibiron esta mañá a Xan Somoza e Víctor López, deportistas...

Publicacións Relacionadas