HomeOurenseOurenseTráfico cortado entre os barrios do Polvorín e das Camelias para o...

Tráfico cortado entre os barrios do Polvorín e das Camelias para o arranxo da estrutura da ponte de Marcelo Macías

- Anuncio -spot_img

O Concello de Ourense pechará ao tráfico até o venres a conexión entre os barrios das Camelias e do Polvorín, baixo a ponte de Marcelo Macías, debido aos danos causados na estrutura que vale de sostén para os tubos ancorados na parte inferior da ponte por un vehículo que superaba o gálibo.

Malia que a ponte non corre perigo, o Servizo de Infraestruturas deberá actuar de forma urxente para asegurar a estrutura solta, así como evitar a caída de elementos das canalizacións existentes. Así, procederase á instalación de elementos de sostén das canalizacións, para poder repoñer as vigas e a estrutura auxiliar mediante a montaxe dunha cimbra / andamio en todo o ancho da calzada baixo a ponte, polo que se cortará o tráfico até o venres 17 pola tarde.

O Concello propón, como alternativa para as persoas usuarias da vía, desviarse polas rúas Camelias ou Carriarico.

Publicacións Relacionadas