Trescentos deportistas participarán o vindeiro domingo, 16 de xuño, na edición número 55 do Descenso do Miño, que converterá un ano máis a cidade de Ourense en referente deste deporte. Esta mañá tivo lugar a presentación do evento, que organiza o Club Piragüismo Ourense, e conta coa colaboración do Concello de Ourense, nun acto no que participaron Aníbal Pereira, tenente de alcalde e presidente do Consello Municipal de Deportes, Manuel Fernández, presidente do club ourensán e José Manuel Fernández, delegado provincial de piragüismo. Cunha distancia de 16 km, o Descenso do Miño terá dous puntos de saída: Os Peares e Barra de Miño, ás 11.30 horas. A chegada será na Batundeira, en Velle, sobre as 12.30 horas.