HomeOurenseUn auto xudicial obrigará aos comerciantes da Alameda a pagar unha fianza...

Un auto xudicial obrigará aos comerciantes da Alameda a pagar unha fianza para continuar a súa actividade

- Anuncio -spot_img

O auto recoñece expresamente “non é desexable que se siga producindo de forma indefinida a ocupación gratuíta da Alameda”.

O Concello de Ourense valora positivamente o recente auto ditado polo Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 2, que establece unha obrigación económica inmediata para a mercantil Comerciantes Asociados do Mercado de Abastos nº 1 se desexan permanecer no Parque da Alameda.

A pesar da suspensión cautelar do desaloxo, o xuíz deu a razón á tese municipal ao considerar que “non é desexable que se siga producindo de forma indefinida a ocupación gratuíta” dun espazo público de todos os ourensáns . Por iso, o tribunal impuxo as seguintes condicións:

  • Pagamento Obrigatorio: Os comerciantes deberán consignar nun prazo de 10 días o importe do canon actualizado máis un recargo adicional do 50% .
  • Sen fianza non hai estancia: O auto é tallante: se non se realiza este pagamento, a medida cautelar alzarase e o Concello poderá proceder ao desafiuzamento inmediato .
  • Recoñecemento do prexuízo público: A xustiza admite que a permanencia dos postos impide o uso xeral do parque e que o Concello ten dereito a ser compensado economicamente por este uso privativo .

Dende o Goberno Local destácase que esta resolución xudicial pon fin á situación de “gratuidade” da que gozaba a asociación a empresa mercantil e garante que, as arcas municipais recibirán no seu caso unha compensación pola ocupación da Alameda . O auto recoñece expresamente a posibilidade de resolver o contrato por outro medio e mantén a obrigación da mercantil de efectuar o traslado no prazo indicado . O Concello seguirá traballando para que o parque quede expedito o antes posible e se recupere para o desfrute de toda a cidadanía .

Publicacións Relacionadas