Home Ourense O Carballiño Un Nadal pola igualdade: concello de Piñor

Un Nadal pola igualdade: concello de Piñor

- Anuncio -

O Concello de Piñor informa da posta en marcha do programa de actividades infantís para este Nadal.

Durante estas vacacións do Nadal levarase a cabo o programa de actividades “UN NADAL POLA IGUALDADE”, que ten por finalidade o desenvolvemento das medidas do Pacto de Estado en materia de violencia de xénero, contando co financiamento do Ministerio de Igualdade. Trátase dunha alternativa para a conciliación da vida familiar e laboral que consiste nun conxunto de actividades para traballar a igualdade e a prevención da violencia de xénero cos nenos e nenas de entre 4 a 12 anos, dun xeito lúdico e divertido, que se levarán a cabo en horario de 8:30h a 14h no Centro Social de Albarona, dende o 23 de decembro de 2022 ó 5 de xaneiro de 2023.

O programa ten un número de prazas limitadas, que serán concedidas seguindo un baremo de puntuación, que pode ser consultado nas bases de inscrición publicadas para este fin na sede electrónica do Concello de Piñor e no taboleiro de anuncios físico municipal. O prazo de inscrición estará aberto ata o 16 de decembro.

As familias poderán escoller varias alternativas ó inscribir ós seus fillos e fillas:

1) DATAS DE PARTICIPACIÓN: Poderán solicitar as quendas que precisen:
 Quenda 1: Do 23 ó 30 de decembro.
 Quenda 2: Do 2 ó 5 de xaneiro.

2) HORARIO DE ASISTENCIA: Ademais, de forma totalmente innovadora, as familias poderán escoller o horario de entrada dos cativos, posto que de 8:30h a 10h haberá un servizo de acollida e almorzo. As actividades xerais darán comezo ás 10h e desenvolveranse ata as 14h.

UN NADAL POLA IGUALDADE ofrecerá actividades e xogos moi variados destinados a traballar temas como a igualdade de xénero nos xoguetes. Tamén se contará con outras sorpresas como a visita de Papá Noel.

Toda persoa interesada pode poñerse en contacto cos Servizos Sociais, onde se lle facilitará toda a información e a documentación para o procedemento de inscrición.

Relacionadas

A Deputación lidera un grupo de traballo para previr os efectos do cambio climático...

0
O deputado de Innovación e Desenvolvemento Sostible, Jorge Pumar, está a participar na reunión de lanzamento do proxecto ThermEcoWat que se celebra estes días...

O Marcos Valcárcel acollerá o 2 de abril o remate do curso 23-24 do...

0
O acto incluirá un concerto didáctico e unha Máster Class do artista armenio Hovhannes Karakhanyan, especialista na frauta coñecida como “Duduk”, instrumento con máis...

A nova liña 6 de autobuses urbanos entrará en servizo o vindeiro luns, con...

0
Cruzará a cidade de Norte a Sur e unirá puntos clave como a estación intermodal, O Couto Norte, centro cidade, residencia e Barrocás O Pavillón...

A Deputación reafirma o seu compromiso co agro limiao cunha achega de 100.000 euros...

0
O presidente provincial, Luis Menor, xunto ao conselleiro do Medio Rural en funcións, José González, e ao alcalde de Xinzo, Amador Díaz, detallaron en...

A Xunta lembra en Ourense que continúa aberto o prazo para solicitar as axudas...

0
— Os interesados poderán presentar as instancias ata o 8 de abril — O director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Pablo Fernández Vila,...

O Concello aproba as bases do concurso que premiará os mellores maios e coplas...

0
O alcalde anima a participar nesta tradicional celebración, que estará amenizada cun concerto de María do Ceo O Concello aumenta os premios dos concursos de...

Publicacións Relacionadas