A celebración das festas do barrio de San Francisco requirirá pechar ao tráfico de vehículos a rúa Pena Trevinca, desde a rúa da Coruña ata a rúa da Granxa, mañá, venres, día 7 de outubro, desde as 20:00h, até que remate a actuación da orquestra. O sábado, 8 e o domingo, 9, pecharase ao tráfico o mesmo tramo da rúa a partir das 17:00h.
O Concello de Ourense solicita desculpas polas molestias que poida que ocasionar este corte de tráfico e solicita que se utilicen itinerarios de tráfico alternativos.
As liñas de autobús urbano 11A e 11B, no momento do corte de tráfico, farán percorrido alternativo en ambos sentidos pola rúa Serra Martiña.



