A programación da Noite de Medo – Halloween 2024 requirirá pechar ao tráfico rodado a rúa do Progreso, desde a baixada á Praza de Abastos até a rotonda de San Rosendo, o xoves, 31 de outubro desde as 14.00 horas, até que remate a actuación da Orquestra Panorama, na Alameda (de 22.30 a 1.30 h).
O tráfico rodado procedente de Tras Alameda poderá circular pola rúa Parada Justel cara á rúa Xoán XXIII, ata as 19.00 horas. Tamén se prohibirá o estacionamento de vehículos nas rúas Baixada á Praza de Abastos e Parada Justel desde as 14.00 horas do día 31 de outubro ata a finalización dos actos previstos na rúa do Progreso.
Os autobuses urbanos tamén modificarán os seus percorridos.
Desde as 14.00 horas, realizarán estas rutas:
- Dirección Parque San Lázaro: Xardín do Posío – Progreso – Tras Alameda – Parada Justel – Progreso (parada provisional no Bispado ) – Xoán XXIII – Parque San Lázaro.
- Dirección Xardín do Posío: Xoán XXIII – Rúa de Ervedelo – Avenida de Portugal e Marcelo Macías.
A partir das 19.00 horas, e até que rematen as actividades, farán estas:
- Dirección Parque San Lázaro: (Zona Xardín do Posío) Peña Trevinca – Avenida da Habana e Parque de San Lázaro.
- Dirección Xardín do Posío: Xoán XXIII – Rúa de Ervedelo – Avenida de Portugal e Marcelo Macías.

