Un treito da rúa do Progreso pecharase ao tráfico mañá pola tarde e pola noite pola actuación da orquestra París de Noia

adminON
Lectura mínima de 1

A actuación da orquestra París de Noia, na Festa de Fin de Ano e Aninovo organizada polo Concello, ocasionará o corte de tráfico dun treito da rúa do Progreso mañá, martes, 31 de decembro.

A partir das 14.00 horas, pecharase a rúa desde a baixada á Praza de Abastos até a rúa Parada Justel, coa finalidade de realizar a montaxe do escenario da orquestra. Os vehículos poderán subir por Parada Justel até as 23.00 horas

Desde as 23.00 horas, pecharase ao tráfico a rúa do Progreso desde a baixada á Praza de Abastos até a rúa da Concordia. Os vehículos desviaranse pola baixada á Praza de Abastos e pola rúa Ervedelo, respectivamentre.

Comparte este artigo