A Policía Local do Concello de Ourense informa de que un treito da rúa Eduardo Pondal, desde o edificio número 1 até a confluencia coa Avenida de Zamora, estará pechado ao tráfico desde mañá, martes, 18, ata o venres, 21 de novembro, pola execución de obras. Permitirase o acceso ás persoas residentes a través da rúa Ermida.



