Unha exposición do Consello da Cultura Galega adicada a Afonso X amosa en Barcelona instrumentos musicais da colección do Obradoiro da Deputación

adminON
Lectura mínima de 2

A exposición “Afonso X e Galicia”, visibiliza a conexión entre Galicia e o monarca no 800 aniversario do seu nacemento, e estará na Universidade de Barcelona ata o 22 de setembro

O Consello da Cultura Galega solicitou a cesión dos instrumentos musicais da colección do Obradoiro de Instrumentos Musicais da Deputación de Ourense, coordinado por Manuel Brañas

A exposición “Afonso X e Galicia”, que estará na Universidade de Barcelona ata o día 22 de febreiro, amosa nas súas vitrinas instrumentos musicais (organistro, zanfona e rota) cedidos polo Obradoiro de Instrumentos Musicais da Deputación de Ourense, coordinado por Manuel Brañas.

Esta mostra de carácter itinerante e organizada polo Consello da Cultura Galega, visibiliza a conexión entre Galicia e Afonso X no 800 aniversario do seu nacemento, a través das “Cantigas de Santa María”, pero tamén noutros nexos máis profundos, ao tempo que amosa un monarca intelectual que condensa outra forma de entender o saber do seu tempo.

Os instrumentos musicais da colección do Obradoiro de Instrumentos Musicais da Deputación de Ourense foron cedidos a petición do Consello da Cultura Galega para ser expostos en “Afonso X e Galicia”, que estará na Universidade de Barcelona ata o 22 de febreiro.

Comparte este artigo