HomeOurenseUnha manifestación ocasionará cortes de tráfico en varias rúas do centro da...

Unha manifestación ocasionará cortes de tráfico en varias rúas do centro da cidade mañá xoves desde as 12.30 horas

- Anuncio -spot_img

A Policía Local do Concello de Ourense informa de que unha manifestación ocasionará cortes de tráfico en varias rúas do centro da cidade mañá, xoves, 15 de xaneiro, desde as 12.30 ata aproximadamente as 14.00 horas.

A marcha partirá do Parque de San Lázaro (á altura do edificio sindical) e avanzará polas rúas Xaquín Lorenzo “Xocas”, Concello, Xoán XXIII, O Progreso, Cruz Vermella e Paseo, para rematar de novo no Parque de San Lázaro.

A Policía Local procederá ao peche progresivo das vías a medida que avance a comitiva para garantir que a marcha se desenvolva dentro das marxes de seguridade esixidas. A circulación rodada restablecerase en cada tramo unha vez que avancen os e as participantes.

Publicacións Relacionadas