HomeOurenseUnha manifestación ocasionará cortes de tráfico no centro da cidade mañá xoves...

Unha manifestación ocasionará cortes de tráfico no centro da cidade mañá xoves (11 de decembro) desde as 12.00 da mañá

- Anuncio -spot_img

A Policía Local do Concello de Ourense informa de que unha manifestación ocasionará mañá, xoves, 11 de decembro, cortes de tráfico no centro da cidade, desde as 12.00 horas.

O percorrido será: saída desde o Parque de San Lázaro (edificio sindical), rúa Xaquín Lorenzo “Xocas”, Parque de San Lázaro, rúa Concello, rúa Xoán XXIII, rúa do Progreso, rúa Cruz Vermella, rúa do Paseo, rúa Xaquín Lorenzo e Parque de San Lázaro, até o edificio sindical, onde rematará.

Durante a manifestación pecharanse ao tráfico as vías do percorrido. A medida que pasen as persoas participantes, reanudarase o tráfico. 

Publicacións Relacionadas