HomeOurenseOurenseUnha manifestación ocasionará cortes de tráfico no centro da cidade o mércores,...

Unha manifestación ocasionará cortes de tráfico no centro da cidade o mércores, 15, desde as 20.00 horas

- Anuncio -spot_img

A Policía Local do Concello de Ourense informa de que unha manifestación ocasionará cortes de tráfico no centro da cidade pasado mañá, mércores, 15 de outubro, desde as 20.00 horas.

A marcha sairá da Praza das Mercedes e continuará pola avenida de Bos Aires, rúa Valle Inclán, rúa Bedoya, Parque de San Lázaro, rúa Xaquín Lorenzo “Xocas”, Parque de San Lázaro, e rúa Lamas Carvajal até rematar na Praza Maior. Durante o seu paso, pecharanse ao tráfico estas rúas para que a manifestación poida desenvolverse nas condicións necesarias de seguridade. A medida que pase o grupo, reanudarase o tráfico.

A manifestación está convocada pola Central Unitaria de Traballadores (CUT) con motivo da folga convocada para ese día en solidariedade co pobo palestino.

Publicacións Relacionadas