Unha manifestación ocasionará mañá, xoves, día 5 de xuño, cortes puntuais de tráfico en varias rúas do centro da cidade incluídas no seu percorrido. A marcha sairá ás 7 da tarde da Avenida da Habana, xunto ao edificio administrativo da Xunta de Galicia, e avanzará por Curros Enríquez, Parque San Lázaro, Paseo e Lamas Carvajal até rematar na Praza Maior.
As rúas incluídas no itinerario pecharanse de forma puntual para que a marcha se poida realizar dentro das marxes de seguridade esixidos. A medida que avance a marcha, as rúas iranse reabrindo progresivamente ao tráfico.

