Home Valdeorras Carballeda de Valdeorras A Xunta destaca en Valdeorras a capacidade de adaptación do sector da...

A Xunta destaca en Valdeorras a capacidade de adaptación do sector da lousa galego

- Anuncio -

O director do Igape, Fernando Guldrís, mantivo esta mañá un encontro con representantes do Clúster da Pizarra no que salientou a necesidade de avanzar no compromiso coa dixitalización, a innovación e as melloras medioambientais

O director do Igape, Fernando Guldrís, mantivo esta mañá unha reunión con representantes do Clúster da Pizarra de Galicia no Centro Tecnolóxico da Pizarra, en Carballeda de Valdeorras, onde destacou que o sector galego da lousa está a demostrar a súa capacidade de adaptación e de resistencia no actual contexto económico.

Nese sentido, o director do Igape puxo en valor os resultados das vendas no exterior da industria galega da pedra durante 2020 e lembrou que, a pesar do contexto actual, as exportacións galegas deste sector se incrementaron nun 2% con respecto a 2019, superando os 345 millóns de euros en vendas. Salientou que é especialmente relevante a suba do mes de decembro, que acadou un ascenso de preto dos 30 puntos con respecto ao mesmo mes do ano anterior.

Guldrís engadiu que, no que respecta á provincia de Ourense, o sector da pedra e o agroalimentario son os dous eidos produtivos que romperon coa tendencia de baixada das vendas no exterior durante o pasado ano, acadando no primeiro caso un incremento do 1,4% e un volume total de exportación por valor de 205 millóns de euros.

Ademais, o director do Igape recoñeceu o traballo que as empresas galegas da lousa e a pedra en xeral veñen realizando desde hai anos na mellora da súa competitividade, a implantación da Industria 4.0, a transformación e innovación tecnolóxica e as melloras medioambientais, e sinalou que cómpre reforzar ese compromiso para afrontar os novos retos económicos e saír reforzados da actual situación dinamizando a actividade económica.

Segundo apuntou Guldrís, ese é o propósito da Lei de reactivación económica de Galicia, que se vén de aprobar no Parlamento e que conta entre os seus principais obxectivos atraer novas iniciativas empresariais e facilitar os investimentos, avanzando na simplificación administrativa a través de procedementos de tramitación máis áxiles que, á vez, acheguen as máximas garantías xurídicas, urbanísticas e medioambientais.

Como expuxo en anteriores reunións mantidas con representantes doutros sectores produtivos, o director do Igape incidiu na importancia da colaboración entre o Goberno galego, os concellos e o sector privado para avanzar neste eido e impulsar a modernización e adaptación tecnolóxica do tecido produtivo.

Relacionadas

A Xunta impulsa a madeira na construcción con máis de 12 M€ en axudas...

0
— O director xeral da Axencia Galega da Industria Forestal (XERA), Jacobo Aboal, participa na I Mesa da Madeira: A construción en madeira para...

O Concello adxudica as obras de acondicionamento e mellora de espazos urbanos na rúa...

0
Aproba tamén as bases da convocatoria de subvencións para actuacións de rehabilitación A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense acordou este mediodía en...

O Concello fai pública a programación de Nadal, cunha morea de actividades para todos...

0
Papá Noel visitará a cidade cos seus renos e elfos o día 21 de decembro, e os Reis Magos o día 5 na tradicional...

A Deputación avanza nunha ordenanza actualizada para adaptarse ás esixencias europeas en materia de...

0
A comisión de seguimento e control de Medio Ambiente informou favorablemente e por unanimidade do texto regulador que se debaterá no pleno do próximo...

Galicia gaña máis de 17.500 afiliacóns na comparativa anual e baixa o paro a...

0
― A cifra de persoas desempregadas, de 121.742, baixa tanto na evolución anual, como na mensual e en relación a novembro de 2023 a...

A Xunta advirte dun incremento dun 72 % dos avisos por ataques de lobo...

0
— Ángeles Vázquez celebra a decisión do Convenio de Berna de aprobar o cambio do estatus internacional do lobo en Europa de estritamente protexido...

Publicacións Relacionadas