Home Valdeorras O Barco de Valdeorras A Xunta consulta o comercio de Valdeorras para avanzar no Plan Estratéxico...

A Xunta consulta o comercio de Valdeorras para avanzar no Plan Estratéxico do Sector

- Anuncio -
  • No marco do proceso participativo aberto para ter lista a estratexia a nivel galego a comezos de 2025, o director xeral de Comercio e Consumo reuniuse hoxe co presidente da asociación Centro Comercial Aberto O Barco
  • Gabriel Alén tamén visitou varios establecementos retallistas neste concello ourensán para coñecer as súas necesidades e impresións ao respecto do documento que se está a elaborar

A Xunta de Galicia segue avanzando con novos encontros no proceso participativo aberto para elaborar o Plan estratéxico do comercio e telo listo a comezos do próximo ano 2025. Así, o director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, reuniuse hoxe co presidente da asociación Centro Comercial Aberto O Barco, Jacobo Arias, ademais de visitar varios establecementos no Barco de Valdeorras.  

Os comerciantes barquenses convertéronse así nos consultados no día de hoxe co gallo de seguir dando forma ao Plan estratéxico do sector, unha folla de ruta para a que é imprescindible -segundo o director xeral- ir da man de todos os implicados. O obxectivo é acadar unha planificación en materia de transformación dixital, innovación e modernización do sector comercial e tamén artesanal, que permita desenvolver un Mapa do Comercio de Galicia efectivo. Isto é, un espazo que contemplará a todo o sector comercial integrado dentro das asociacións, cun buscador por tipoloxía de establecemento, xeolocalización e información detallada para potenciais clientes.

Alén fixo alusión tamén ao Plan de remuda xeracional no comercio que se está a perfilar, con proxectos piloto nas cabeceiras de comarca que atendan ás necesidades de cada contorna e á análise de sincronización da oferta e da demanda. Un Plan de remuda especialmente necesario, puntualizou, en contornas da Galicia non urbana.

O director xeral de Comercio e Consumo engadiu que o Goberno galego seguirá apostando no novo documento pola revitalización dos mercados, prazas de abastos, recintos destinados a feiras e centros comerciais abertos, apostando por consolidar un sector que serve de vertebrador do territorio e xerador de riqueza e emprego.

Nesa liña, Gabriel Alén puxo en valor a campaña Máis Rebaixas que está a desenvolver o CCA O Barco estes días, con produtos á disposición da clientela tanto dentro como fóra dos establecementos comerciais.

Relacionadas

O Comité Executivo do PP de Ourense aproba o inicia do calendario congresual na...

0
Os primeiros congresos celebraranse nas agrupacións de Toén, Cenlle, A Bola, Maside e O Barco de Valdeorras Con estas cinco convocatorias danse novos pasos cara...

Luis Menor asiste en Santiago á presentación ás entidades do CERMI do Centro de...

0
O presidente da Deputación agradeceu a invitación realizada pola conselleira de Política Social, Fabiola García, para coñecer de preto os detalles dun centro que...

O PPdeOU esixe ao Ministerio de Transportes que ADIF-AV desminta as informacións que indican...

0
• O deputado Celso Delgado explica que en foros ferroviarios xa está circulando a información de que o Ministerio de Transportes vén de tomar...

Luis Menor chama á “contundente” participación da sociedade ourensá na campaña de recollida de...

0
· Para o presidente provincial, esta grave situación pon de manifesto a “total falta de capacidade” de Sánchez para chegar a acordos, así como...

Un cento de rapaces das comarcas de O Ribeiro e Carballiño desfruta do programa...

0
O programa EsquiOU, unha iniciativa da Deputación de Ourense para que nenos e nenas da provincia aprendan a esquiar na única estación de montaña...

A Deputación abre mañá, martes 28 de xaneiro, o prazo de solicitudes para o...

0
Toda a información desta iniciativa termal provincial poderase consultar en www.termalismourense.com e en 4 liñas telefónicas específicas: 988317760, 988317766, 988317770 e 988317762, en horario...

Publicacións Relacionadas