Home Deputacións Deputación Ourense Presentación á veciñanza de Valdeorras do proxecto “Ruagua” como ferramenta para impulsar...

Presentación á veciñanza de Valdeorras do proxecto “Ruagua” como ferramenta para impulsar a economía circular nos servizos integrais da auga

- Anuncio -

O Centro Cultural Avenida de A Rúa acolleu hoxe un acto dirixido á cidadanía no que participaron os promotores do proxecto, un dos tres gañadores dos 162 presentados de toda España dentro do programa DEMOS de economía circular, da Fundación Cotec, en comunidades rurais de menos de 5.000 habitantes

O proxecto “Ruagua” foi presentado hoxe á veciñanza da comarca de Valdeorras no Centro Cultural Avenida de A Rúa, como ferramenta de carácter demostrativo para impulsar a economía circular nos servizos integrais da auga, así como para garantir a dispoñibilidade de auga durante épocas de seca e reducir o “estrés hídrico” na contorna.

O vicepresidente segundo da Deputación de Ourense, César Fernández, participou na presentación deste proxecto xunto á presidenta e ao director xeral da Fundación Cotec, Cristina Garmendia e Jorge Barrero, respectivamente; a CEO de Ikea España, Nurettin Acar; a deputada delegada especial para Valdeorras, María del Carmen González; o deputado de Medio Ambiente, Jose María Lago; o director técnico do Consorcio de Augas de Valdeorras, Javier Bobe; a alcaldesa de A Rúa, María Albert; e o xornalista Luis Pardo que actuou como condutor do acto.

O proxecto “Ruagua” foi un dos tres proxectos gañadores, dos 162 presentados de toda España, que obtivo unha dotación de 300.000 euros do último Proxecto DEMOS de economía circular en comunidades rurais de menos de 5.000 habitantes. “Ruagua”, do Consorcio de Augas de Valdeorras, o Centro Tecnolóxico da Auga (Cetaqua) e AquaOurense (empresa mixta formada pola Deputación de Ourense e Viaqua), é unha iniciativa demostrativa de produción sostible e cogobernanza de auga rexenerada.

O proxecto conta cun enfoque circular baseado en tres eixos: xeración de auga rexenerada, uso de enerxía solar como fonte renovable e produción de compost a partir das augas residuais xeradas no contorno da EDAR. No ámbito da auga, Ruagua implantará un enfoque integral, dixital y áxil para achegar o uso de auga rexenerada a todos os sectores produtivos e servizos públicos. Este proxecto promoverá o desperdicio cero e reducir tamén o uso de fertilizantes e químicos, ofrecendo un compost de alta calidade. Así mesmo, impulsará a produción de enerxía solar como fonte renovable, contribuíndo á redución de emisións de gases de efecto invernadoiro e ao combate do cambio climático.

Desenvolvemento sostible

O Proxecto DEMOS forma parte do Plan Allen da compañía IKEA -membro conselleiro de Cotec. O Plan Allen é unha iniciativa de IKEA para contribuír á recuperación da economía e a sociedade española. O seu principal obxectivo é crear emprego e promover a xeración dun desenvolvemento sostible. O Plan Allen desenvolverase entre 2022 e 2025. Ademais de Cotec, forman parte outras tres entidades como WWF, FADEMUR/FADEMUR e ASHOKA.

Relacionadas

A Deputación dona 10.000 quilos de patacas de A Limia ao Banco de Alimentos...

0
O presidente provincial, Luis Menor, destaca a “inmensa labor” desta organización social coas familias vulnerables, durante unha visita ao almacén da entidade no polígono...

O Concello adxudica as obras de acondicionamento e mellora de espazos urbanos na rúa...

0
Aproba tamén as bases da convocatoria de subvencións para actuacións de rehabilitación A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense acordou este mediodía en...

O Concello fai pública a programación de Nadal, cunha morea de actividades para todos...

0
Papá Noel visitará a cidade cos seus renos e elfos o día 21 de decembro, e os Reis Magos o día 5 na tradicional...

A Deputación avanza nunha ordenanza actualizada para adaptarse ás esixencias europeas en materia de...

0
A comisión de seguimento e control de Medio Ambiente informou favorablemente e por unanimidade do texto regulador que se debaterá no pleno do próximo...

A Deputación organiza encontros coas entidades beneficiarias dos programas de acción comunitaria en Lalín,...

0
O deputado de Acción Comunitaria, Javier Tourís, salientou o éxito dun plan que repartiu preto de 141.000 euros entre 15 entidades da capital de...

Luis López resume a acción da Deputación en Pontevedra e a súa contorna: 27...

0
O presidente provincial, acompañado polo vicepresidente Rafa Domínguez e os deputados María Ramallo e Jorge Cubela, fai balance dos proxectos e programas que o...

Publicacións Relacionadas