Home Ourense O Carballiño Valoración da LX edición da Festa do Pulpo

Valoración da LX edición da Festa do Pulpo

- Anuncio -

Faise preciso mudar o pasotismo e a Lei do mínimo esforzo do Goberno municipal Socialista.

Consideramos que esta edición estivo moi desaproveitada para os intereses xerais do Carballiño.

Poderíamos enumerar un montón de despropósitos que se fixeron nesta edición, que sendo a primeira na que se estrenaba a declaración de interese Turístico internacional, foi tamén a primeira logo de moitos anos na que menos xente pasou polo Carballiño, non so no día grande do segundo domingo de agosto senón tamén no día da tapa, ou na mesma noite do sábado das camisetas.

Non se pode empezar a falar da festa do pulpo a finais do mes xuño.

Non se pode decidir a quen se lle dedica unha edición a uns días da propia festa.

Non se entende que sendo que se lle dedica a edición ao Xacobeo, tivesemos perdido metade do ano e non ter feito unha presentación da Festa, mesmo en Santiago e non ter aproveitado o noso Camiño Miñoto para darlle toda a visibilidade que posería ter.

Non se pode empezar a poñer o alumeado da Festa, cando a semana da Festa xa ten comenzado.

Non se pode deixar de publicitar con Banderolas a Festa no percorrido da N541 ao seu paso polo Carballiño.

Non se pode organizar un acto de homenaxe a Felipe Senén e as pulpeiras de Arcos tan pouco lucido e tan mal organizado.

Non se pode, nos tempos que corren, organizar o acto da tapa de pulpo mais grande do mundo para que sexa saboreada enriba de papeleras ou sentados no asfalto, nun lugar onde non se lle da nin visibilidade ao acto en si nin ao pobo.

Non se pode, unha vez que existe unha marca rexistrada da Festa do Pulpo, deixar sen explotar todaa as posibilidades do merchandainsing.

Non se pode organizar unha tarde noite das peñas das camisetas onde cada grupo teña que esperar horas para sacar unha foto, non se organice un desfile e dende logo non se teña o ambiente esperado na noite de mais afluencia de xente nova no Carballiño.

Non se pode aceptar que no día grande da festa, non exista nin a mais mínima actividade munsical na praza central do Parque Municipal.

Non se pode seguir permitindo o nivel de expositores que se ponen na Avd. de Vigo, que non lle dan valor engadido á festa.

Non se pode permitir que no parque municipal só asistan 13 pulpeiro/as e so unhs poucos bares que den comidas e sendo imposible tomar incluso un aperitivo no Parque Municipal.

Non se pode ir acabando coa romería no Parque a conta de potenciar o Casco urbano, cando son perfectamente compatibles.

Non debería de ser permisible 13 pulpeiras no Parque e polo contrario unhas 50 no casco urbano.

Non se pode ter un recinto oficial que por falta de previsión non pase de 800 persoas das cales 400 eran invitacións.

Non se pode permitir un sistema de venta de entradas ao recinto oficial no que se chega o primeiro mais madrugador da fila e queira comprar as 400 xuntas nadie llo prohíba, e a todo aquel que veña de fora lle fose imposible facerse con unha entrada.

Non se pode pactar o día anterior á Festa a cantidade de Xente que asiste á mesma, dando cifras que non se creen por nadie dos que a ela asisten, dando mostras de falta de seriedade.

Non se pode en definitiva orgaizar esta Gran Festa baixo o criterio de que a Festa camiña sola, cando o pasotismo e a Lei do mínimo esforzo nos leva a ver como esta Festa en vez de ir a mais, vai a menos.

Poderíamos seguir falando do que non se pode facer para que a festa non decaiga, pero o mais importante non é o que pasou este ano, senón o que pode pasar en edición futuras en caso de que non se tomen medidas correctoras que se poderían tomar de forma paulatina pero que son precisas ir tomando.

Todos os sectores implicados na nosa festa poden facer as súas aportacións para o futuro, e nós, máis alá de decir o que se está a facer mal, queremos deixar xa as nosas propostas enriba da mesa co tempo suficiente para que se poidan levar a cabo:

  • A dedicación da Festa do ano seguine deberíase anunciar o mesmo día da festa do ano en curso e como esto xa é imposible neste caso, pedimos que se faga canto antes. De facelo así, daría tempo de organizar alguna actividade durante o ano no lugar ao que se lle dedique.
  • As actividades que se organicen entorno a semana grande da Festa, que xa se debería de pensar en organizar todo un mes do pulpo, deberían de ter, na súa meirande parte unha relación coa gastronómía, Xornadas gastronómicas, rutas gastronómicas, etc. aparte das musicais e de artes escénicas.
  • A tapa mais grande do mundo non pode estar no espacio mais pequeno do pobo, e deberiase facer na praza da Veracruz, pois proxectaria unha mellor visión do noso pobo coa presenza da Veracruz, sería moito mais fácil de ver para os que asistan e poderiase organizar cunhas mesas na zona verde da praza, unha zona moito máis atractiva para quenes queran probar o pulpo.
  • Na tarde noite das camisetas, deberíase de recuperar o desfile con música no seu recorrido, facendo todo de forma mais axil e por suposto a noite debería estar amenizada por música na rúa e facilitar á xuventude espazos para a diversión, facer do Carballiño ese sábado á noite, un recinto urbano de festa.
  • No Parque Municipal se te que recuperar a presenza das 40 pulpeiras e por suposto recuperar o número de bares que den comidas.
  • En ningún caso se pode pemitir que a festa se traslade do Parque ao Casco Urbano. No casco urbano pode ter moito ambiente pero o Concello debe evitar o trasvase que se produce nos derradeiros anos hacia o casco urbano, motivado pola falta de inciativas no parque municipal
  • Dende o cencello se deben de abaratar ao máximo as tasas para que sexan competitivas con outras festas e ao mesmo tempo nestes espacios se debe de garantizar un servicio en mesa a cada usuario, dando as mesmas facilidades que calqueira restaurane do casco urbano.
  • Propoñemos a creación dunha aplicación que permita facer reserva de entradas no recinto oficial, e tamén en calqueira dos bares que se sitúen no parque.
  • Reformular o recinto oficial, pois está desfasado o seu modelo.
  • Retomar as xornadas de floclore Galego no parque, pois era moi demandado entre os visitantes e dáballe un verdadeiro ambiente de romería.
  • Debense de transformar os postos de feira da Ada de Vigo nun mercado mais especializado e de calidade.
  • E preciso buscar solucións para a falta de aparcamentos dese día con estacionamentos disuasorios e habilitando desde os mesmos transporte hasta o Parque.
  • Referido á xuntaza de mozos e mozas ao redor de música a moitos decibelios no Parque municipal, mais que procurar que desaparezca, se debe de regular ben, e é moi importante tamén conseguir que esa xente nova participe do xantar no parque, pois moitos son mozos/as que se acercan a zona de festa pola tarde e non teñen interiorizado o ambiente de romería previa. Poderíase facilitar aos participantes nas peñas das camisetas a súa asistencia a comida do parque, con premios ou rebaixas nos prezos.
  • Compre xa facer un estudio económico para saber o retorno económico que ten a Festa do Pulpo no noso pobo e que aportará os datos necesarios para fixar novas iniciativas.

Estas e outras moitas iniciativas, deberían de estudarse, pero para elo e imprescindible que os nosos mandatarios municipais estén á altura, recoñezan que as cousas se poden facer mellor e que escoiten a todos aqueles que aporten ideas novas.

Nos aquí recollemos moitas iniciativas de pulpeiras, hosteleiros, comerciantes e veciños.

Señores Gobernantes sepan vostedes que este Grupo, o Grupo Popular, está para remar a favor desta Festa, xa o demostramos cando gobernamos e seguimos pensando e actuando igual, polo que pedimoslle que cambien a súa forma de facer, consulten, escoiten e comecen a traballar xa na promoción da Festa do pulpo do 2023, que hoxe por hoxe é o maior reclamo que temos para poñer o noso pobo no mapa.

Relacionadas

O Concello de Ourense festexa o Día da Educación Física na rúa cunha actividade...

0
A actividade reuniu máis de 300 participantes, entre profesorado e alumnado, do CPR Luis Vives Máis de 300 persoas, entre alumnado e profesorado, xuntáronse esta...

A Deputación mobiliza máis de 420.600 euros en axudas para ciclos e festivais culturais,...

0
A Xunta de Goberno tamén autorizou a modificación de obras, dentro do Plan de Cooperación CooperOU, solicitadas polos concellos de Boborás, Leiro, Punxín e...

A Deputación colabora na Copa de España Dragón de piragüismo que se disputará esta...

0
O vicepresidente segundo e deputado de Deportes, César Fernández, participou hoxe no complexo turístico O Corgo, na presentación desta proba de 200 metros que...

A VII edición da “Ourense Strade Termal” reunirá a preto de 400 deportistas de...

0
Este evento deportivo, que se celebrará o 21 de abril co apoio da Deputación de Ourense a través do Inorde e da Axencia de...

Luis Menor, nas Xornadas sobre Territorios Rurais Intelixentes: “Se estamos conectados e con servizos,...

0
O Centro de Loita Integral contra o Lume de Toén reuniu a alcaldes e representantes municipais para analizar os retos de futuro do rural...

Os deportistas ourensáns, Xan Somoza e Víctor López, convocados pola Federación Española de Volei...

0
O alcalde de Ourense, Gonzalo P. Jácome xunto co concelleiro de Deportes, Aníbal Pereira, recibiron esta mañá a Xan Somoza e Víctor López, deportistas...

Publicacións Relacionadas