Manuel Baltar reuniuse esta mañá no Pazo Provincial cos alcaldes de ambos municipios, Vicente Gómez e Isabel Gil
O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, mantivo esta mañá no Pazo Provincial dúas reunións co alcalde de Castrelo do Val, Vicente Gómez, e maila alcaldesa de Ramirás, Isabel Gil, para repasar e analizar vías de cooperación entre as administracións provincial e local. Dous encontros de traballo que Manuel Baltar cualificou como positivos, “e que permitiron comprobar a sintonía existente na colaboración entre o goberno provincial e os concellos”.