Home Verín Monterrei O Complexo Acuático de Monterrei recibe 60.000 usuarios nos seus primeiros 50...

O Complexo Acuático de Monterrei recibe 60.000 usuarios nos seus primeiros 50 días de campaña de verán

- Anuncio -
  • A Xunta está a estudar accións para reforzar a seguridade pese a que as cifras de incidencias son moito menores que noutros parques acuáticos
  • Desde o inicio da tempada estival xa se veñen implementando protocolos, instruccións, normativas, limitacións e incremento de persoal de socorrismo

O Complexo Acuático Deportivo de Monterrei, que abriu as súas portas ao público coa súa primeira fase rematada o pasado 20 de xuño, leva recibidos máis de 60.000 usuarios nos seus primeiros 50 días da campaña de verán de 2024.

Esta cifra triplica os usuarios da campaña de verán de 2023 cando, do 9 de agosto ao 10 de setembro, o complexo acuático acolleu a máis de 22.600 usuarios. Cómpre lembrar que, nesta ocasión, a zona acuática permanecerá aberta ata o 15 de setembro.

Nesta nova campaña de verán, os usuarios poden desfrutar da Fase 1 do parque acuático ao completo, estando dispoñibles as instalacións abertas en 2023 -piscina infantil, piscina de relax, de ondas ou a zona de splash- ás que se suman novos servizos como aparcadoiro, vestiarios, sendas peonís e zona de xogos para nenos así coma catro novas atraccións acuáticas: hidrotubos abertos e dous tobogáns.

A Xunta investiu nesta primeira fase máis de 7,6 millóns de euros. A través dun convenio de colaboración, a Deputación provincial de Ourense levará a cabo as actuacións pendentes ata completar as catro fases do proxecto ao completo, que ronda un investimento de 10 millóns de euros.

Dende a apertura da renovada zona deportiva a comezos de 2021, Monterrei xa viu multiplicada a súa asistencia cun 40% máis de usuarios da devandita zona deportiva.

Atención ás incidencias

Nestes primeiros 50 días de apertura, o Complexo Acuático de Monterrei atendeu ao redor de 50 asistencias sanitarias por diferentes motivos, tamén por incidencias nos tobogáns. A  pesar de que estas cifras son moito menores que as que se dan noutros parques acuáticos, a Xunta está a estudar posibles actuacións para reforzar a seguridade ademais de todos os protocolos, instrucións, normativas, limitacións e incremento de socorristas que se veñen implementando dende o inicio da campaña.

Relacionadas

A Xunta impulsa a madeira na construcción con máis de 12 M€ en axudas...

0
— O director xeral da Axencia Galega da Industria Forestal (XERA), Jacobo Aboal, participa na I Mesa da Madeira: A construción en madeira para...

O Concello adxudica as obras de acondicionamento e mellora de espazos urbanos na rúa...

0
Aproba tamén as bases da convocatoria de subvencións para actuacións de rehabilitación A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense acordou este mediodía en...

O Concello fai pública a programación de Nadal, cunha morea de actividades para todos...

0
Papá Noel visitará a cidade cos seus renos e elfos o día 21 de decembro, e os Reis Magos o día 5 na tradicional...

A Deputación avanza nunha ordenanza actualizada para adaptarse ás esixencias europeas en materia de...

0
A comisión de seguimento e control de Medio Ambiente informou favorablemente e por unanimidade do texto regulador que se debaterá no pleno do próximo...

Galicia gaña máis de 17.500 afiliacóns na comparativa anual e baixa o paro a...

0
― A cifra de persoas desempregadas, de 121.742, baixa tanto na evolución anual, como na mensual e en relación a novembro de 2023 a...

A Xunta advirte dun incremento dun 72 % dos avisos por ataques de lobo...

0
— Ángeles Vázquez celebra a decisión do Convenio de Berna de aprobar o cambio do estatus internacional do lobo en Europa de estritamente protexido...

Publicacións Relacionadas