Home Ourense Luis Menor reclama a reactivación da Eurocidade Chaves-Verín para fortalecer a colaboración...

Luis Menor reclama a reactivación da Eurocidade Chaves-Verín para fortalecer a colaboración transfronteiriza e ofrecer novas oportunidades a unha poboación de 60.000 persoas

- Anuncio -

·        O líder dos populares ourensáns lembrou que esta zona transfronteiriza de 700 quilómetros cadrados foi no 2013, á iniciativa do PP, a primeira en poñer en marcha un proxecto pioneiro na península Ibérica, “para sumar esforzos e ofrecer máis e mellores servizos de calidade e proxectos conxuntos a ourensáns e portugueses”

O presidente dos populares ourensáns, Luis Menor, reclamou hoxe a reactivación da Eurocidade Chaves-Verín para fortalecer a colaboración entre a provincia de Ourense e o norte de Portugal, ofrecendo así novas oportunidades económicas e sociais para unha poboación de 60.000 persoas.

Luis Menor lembrou que esta zona transfronteiriza de 700 quilómetros cadrados foi no 2013 a primeira en poñer en marcha unha iniciativa pioneira na península Ibérica, “coa que, en esencia, perseguíase sumar esforzos e ofrecer máis e mellores servizos de calidade e proxectos conxuntos a ourensáns e portugueses”.  

Impulsada polo Partido Popular, apuntou Menor, a Eurocidade Chaves-Verín foi durante anos un exemplo para as políticas europeas de cooperación impulsadas a través dos fondos de cohesión, “ata o punto de que no ano 2015 recibiu o Premio RegioStars, que distinguen os proxectos regionais máis innovadores de Europa”.

Non obstante, lamentou o presidente do PP, este territorio común “está hoxe baixo mínimos porque os actuais gobernantes de Verín, a coalición PSOE e BNG, non cren na colaboración institucional e na cooperación económica, social, de servizos, deportiva e cultural cunha cidade portuguesa, separadas apenas por 20 quilómetros”.

Luis Menor mesmo destacou que un dos importantes recursos que posúe a Eurocidade está nas augas mineromedicinais, o que podería converter a este territorio nunha potencia termal, “unha das nosas grandes apostas desde as institucións nas que gobernamos”.

Relacionadas

O Concello adxudica as obras de acondicionamento e mellora de espazos urbanos na rúa...

0
Aproba tamén as bases da convocatoria de subvencións para actuacións de rehabilitación A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense acordou este mediodía en...

O Concello fai pública a programación de Nadal, cunha morea de actividades para todos...

0
Papá Noel visitará a cidade cos seus renos e elfos o día 21 de decembro, e os Reis Magos o día 5 na tradicional...

A Deputación avanza nunha ordenanza actualizada para adaptarse ás esixencias europeas en materia de...

0
A comisión de seguimento e control de Medio Ambiente informou favorablemente e por unanimidade do texto regulador que se debaterá no pleno do próximo...

O PP de Ourense reafirma co manifesto “Man con man, somos iguais” o seu...

0
· A Vicesecretaría de Política Social dos populares ourensáns recompila nun manifesto os compromisos para promover a inclusión, eliminar barreiras, fomentar a empatía, escoitar...

Os escolares lembran a Eduardo Blanco Amor na tradicional ofrenda floral no cemiterio de...

0
O cemiterio de San Francisco acolleu esta mañá a tradicional ofrenda floral homenaxe ao escritor ourensán Eduardo Blanco-Amor, ao carón do lugar onde repousan...

A Xunta colabora co concello de Xinzo de Limia no impulso da Praza de...

0
O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, visitou a praza de abastos deste concello ourensán, beneficiario da orde de axudas do Executivo...

Publicacións Relacionadas