Home Viana A Gudiña O PP reclama melloras de accesibilidade á terminal e á plataforma da...

O PP reclama melloras de accesibilidade á terminal e á plataforma da estación “Porta de Galicia” na Gudiña

- Anuncio -

• Os deputados Celso Delgado e Ana Vázquez piden o Adif a continuidade da senda peonil construída pola Xunta e que parte do casco urbano e chega ata a proximidade da nova terminal

• Tamén solicitan a instalación dun ascensor, no oco xa construído, para que “tanto as persoas con mobilidade reducida como os usuarios coas súas equipaxes podan salvar unha longa rampla cun 6 % de desnivel”

O deputados do Partido Popular pola provincia de Ourense, Celso Delgado e Ana Vázquez, presentaron no Congreso senllas iniciativas nas que poñen de manifesto os problemas de accesibilidade que sofren os usuarios da estación de alta velocidade da Gudiña, “Porta de Galicia”, que deben percorrer un treito por estrada para chegar a pe á terminal e salvar unha rampla cun 6 % de desnivel para acceder á plataforma.

A nova estación experimentou un notable aumento no número de viaxeiros desde a súa inauguración e a posta en funcionamento da liña de alta velocidade Madrid-Galicia, a finais do pasado decembro, destacan os deputados ourensáns, “polo que transcorridos cinco meses desde entón resulta incomprensible que aínda non se procedera á execución das melloras de accesibilidade”, atendendo ás queixas dos usuarios e á solicitude formulada pola Xunta de Galicia e o propio Concello.

En concreto, os representantes do PP reclaman dous proxectos: a continuidade da senda peonil que parte desde o casco urbano ata a nova terminal, e a instalación dun ascensor para acceder á plataforma.

Polo que respecta á primeira demanda cómpre sinalar que a nova estación de alta velocidade está situada nas aforas da poboación. Para facilitar o acceso aos viaxeiros, a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade construíu unha senda peonil pola marxe esquerda da estrada OU-533, pero esta só chega ata as proximidades da terminal pois debe ser Adif a que lle dea continuidade nos terreos da súa propiedade. Xunta e Concello, sinalan Delgado e Vázquez, “xa trasladaron esta cuestión ao administrador ferroviario, sen obter polo de agora resposta positiva algunha”.

Pero os viaxeiros “non só se ven na obriga de transitar sen protección ao carón da estrada, o que resulta aínda máis perigoso durante a noite”, senón que ao chegar á terminal teñen que salvar unha longa rampla cun 6 % de desnivel, “tanto as persoas con mobilidade reducida como os usuarios que veñen cargados coas súas equipaxes”. A solución está nun ascensor “para cuxa instalación xa quedou construído o oco necesario”. É dicir, “un investimento alcanzable de case 70.000 euros en comparación co custo da estación, de preto de 4 millóns de euros”.

SERVIZO PARA VIAXEIROS DE MONTERREI, VALDEORRAS E PORTUGAL.

A nova estación da Gudiña atópase a pouco máis de 75 quilómetros de Ourense e atende a crecente demanda de viaxeiros non só procedentes das comarcas de Monterrei e Valdeorras, senón tamén do distrito portugués de Tras-Os-Montes próximo a Chaves, e de Vila Real, converténdose así tamén en parada para os destinos termais de Verín, Chaves, Vidago e Pedras Salgadas.

Adif-AV aprobou a licitación desta terminal de alta velocidade en setembro de 2018, tomando o nome de “Porta de Galicia”. A adxudicación das obras produciuse en abril de 2019 por un importante de 3,2 millóns de euros, cantidade que se ampliaría despois en preto de 650.000 euros máis.

A estación foi inaugurada polo rei Filipe VI o 20 de decembro do pasado ano, coincidindo coa viaxe inaugural do AVE a Galicia.

Relacionadas

A Deputación lidera un grupo de traballo para previr os efectos do cambio climático...

0
O deputado de Innovación e Desenvolvemento Sostible, Jorge Pumar, está a participar na reunión de lanzamento do proxecto ThermEcoWat que se celebra estes días...

O Marcos Valcárcel acollerá o 2 de abril o remate do curso 23-24 do...

0
O acto incluirá un concerto didáctico e unha Máster Class do artista armenio Hovhannes Karakhanyan, especialista na frauta coñecida como “Duduk”, instrumento con máis...

A nova liña 6 de autobuses urbanos entrará en servizo o vindeiro luns, con...

0
Cruzará a cidade de Norte a Sur e unirá puntos clave como a estación intermodal, O Couto Norte, centro cidade, residencia e Barrocás O Pavillón...

A Deputación reafirma o seu compromiso co agro limiao cunha achega de 100.000 euros...

0
O presidente provincial, Luis Menor, xunto ao conselleiro do Medio Rural en funcións, José González, e ao alcalde de Xinzo, Amador Díaz, detallaron en...

A Xunta lembra en Ourense que continúa aberto o prazo para solicitar as axudas...

0
— Os interesados poderán presentar as instancias ata o 8 de abril — O director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Pablo Fernández Vila,...

O Concello aproba as bases do concurso que premiará os mellores maios e coplas...

0
O alcalde anima a participar nesta tradicional celebración, que estará amenizada cun concerto de María do Ceo O Concello aumenta os premios dos concursos de...

Publicacións Relacionadas