Víctor Ferreiro foi ratificado pola militancia de Podemos Ourense como cabeza de lista
para as próximas eleccións municipais.
Ferreiro manifesta un compromiso total para “lograr unha candidatura unitaria que
una a todas as forzas e colectivos progresistas ourensáns, para desaloxar do noso
Concello as políticas disparatadas e construír un Ourense que antepoña os dereitos e
o futuro da cidadanía por encima de intereses particulares”
Podemos Ourense continuará as reunións con diferentes actores políticos e sociais
para vertebrar unha candidatura unitaria, e fai un chamamento á cidadanía ourensá
para que reconquisten as súas institucións e póñanas ao servizo dos máis
desfavorecidos.



