O domingo 12 de outubro celebrarase na Peroxa a VIII Andaina Solidaria en favor da Fundación Neuroburgas.
A saida será dende a praza do Concello as 9:30 da mañá.
As inscricións realizaránse a través da páxina web www.ccnorte.com como data límite ata o día 10 de outubro ou ata o propio día da andaina en efectivo. Habrá opción de FILA 0 para os que non poidan participar e queiran colaborar coa causa benéfica.
Coa inscrición vai incluido o avituallamento durante o recorrido pinchos e sorteo.
Para a recollida de dorsair haberá que mostrar o xustificante de inscrición no concello da Peroxa, na Fundación Neuroburgas (de luns a venres de 10:00h a 20:00h na rúa Rio Xarés en Ourense) ou na rúa BeOne Eiroás.
O prezo de inscrición e do 8 euros (5 euros de donación e 3 euros de organización)
Hai duas rutas unha corta de 7,5 KM e unha larga de 20 KM.



