Home Ourense O Ribeiro Viña Costeira recibe o certificado de Galicia Calidade

Viña Costeira recibe o certificado de Galicia Calidade

- Anuncio -

— O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, visitou hoxe en Ribadavia a adega, acompañado polo delegado territorial da Xunta de Galicia en Ourense, Gabriel Alén, e pola xerente de Galicia Calidade, Ana Méndez

— No acto destacouse o crecemento continuo da compañía, asentado na súa tradición e innovación

O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, acompañado polo delegado territorial da Xunta de Galicia en Ourense, Gabriel Alén, e pola xerente de Galicia Calidade, Ana Méndez, visitou esta mañá en Ribadavia a adega Viña Costeira para facerlle entrega do certificado de Galicia Calidade.

No acto destacouse o crecemento continuo de Viña Costeira, asentado na súa tradición e innovación, que lle ten permitido converterse nunha marca de referencia. O selo, con validez para os próximos tres anos, permitirá á empresa incluír o distintivo de Galicia Calidade nas etiquetaxes dos produtos certificados, así como nas diferentes accións para a súa promoción.

Galicia Calidade, dependente da Vicepresidencia primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación, conta na actualidade cun total de 19 adegas certificadas, que forman parte do conxunto de 148 empresas con máis de 750 produtos e servizos certificados co selo de garantía, que engloban os sectores agroalimentario, mar, turístico, xoieiro, industrial, xeotérmico e planta ornamental.

Relacionadas

O 97% do alumnado de cuarto de Infanti obten praza no centro educativo escollido...

0
— Este ano recibíronse un total de 14.379 solicitudes de nenos de tres anos, que se incorporan así ao sistema educativo, para as 21.137...

O Concello recibe o premio Pajarita Azul 2024 polo seu compromiso coa xestión dos...

0
O tenente de alcalde Aníbal Pereira recolleu esta mañá o galardón que outorga a asociación española de fabricantes Aspapel O Concello de Ourense recibiu esta...

O alcalde eloxia a traxectoria de Roberto Verino e subliña a súa condición de...

0
Pérez Jácome participou no acto de remate da exposición retrospectiva dos seus 40 anos, na Sala Valente O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, asistiu...

A Xunta presenta novas campañas de prevención de riscos laborais co gallo do Día...

0
― O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, clausurou hoxe en Ourense a presentación dunha campaña do Instituto de Seguridade e...

A Xunta apoia o Campionato do Mundo de Endurance que converterá Sanxenxo esta semana...

0
O secretario xeral para Deporte destacou o potencial de Galicia como sede de eventos internacionais da motonáutica e, en xeral, para acoller probas deportivas...

A Xunta salienta que Galicia rexistra uns niveis de ruído aceptables na última década

0
— Ángeles Vázquez pon en valor que a Comunidade conta cunha completa rede formada por 10 estacións con sonómetro, que, no seu conxunto, serían...

Publicacións Relacionadas