Free Porn
xbporn
Home Valdeorras A Veiga Volven as Itinerancias e o Campus Auga de Aldearmos.

Volven as Itinerancias e o Campus Auga de Aldearmos.

- Anuncio -

Esta fin de semana volven as Itinerancias e o Campus Auga de Aldearmos con varias actividades dentro das programacións dos Festivais Art – Part e Eidos de Outono. Celebraranse entre o sábado 29 e o domingo 30 de outubro.

O Art – Part é un evento que terá lugar no concello de A Veiga, situado na provincia de Ourense. Na proposta que ofrece pódense atopar cousas moi diversas, dende música ata roteiros, pasando por explicacións sobre a historia da zona. Neste caso, Aldearmos participa con dúas accións: o sábado 29 ás 13:30 haberá estarán presentes as Itinerancias co concerto do grupo Paraíso Canto na praza da vila e o domingo 30, ás 11:30 haberá un roteiro ata o Castro Río Xares, dentro do marco Aldear Campus de Auga; no mesmo, participará Begoña Garrido Labrador (GIDEP-UVIGO) con explicación sobre a historia do lugar.

A programación completa do Festival Art – Part queda deste xeito:

Sábado 29

10:30 Benvida e presentación dos resultados do proxecto (Sala de conferencias, O Toural, A Veiga)

11:00-14:00 Espazo conciliación (Sala de conferencias, O Toural, A Veiga)

11:30 Obradoiro de música de raíz “O gaiteiro verde” (Centro de desenvolvemento rural, A Veiga)

11:30 13:30 Obradoiro de baile tradicional (Praza, A Veiga)

13:30 Aldear Itinerancias: sesión Vermú con Paraíso Canto (A Veiga)

17:00 Espectáculo familiar simplemente Enricco, especial Samhain (Praza do Concello, A Veiga))

17:30 Obradoiro xogo de bolos celtas (O Coiñedo, A Veiga)

17:30 Visita guiada ao museo do liño (Requeixo, A Veiga)

21:30 Catuxa Salom

23:00 Empanadilla Folk

00:30 Saya DJ

Domingo 30

11:00 Roteiro Xares – Alto da Escrita (Xares, A Veiga)

11:00 Actividade de narración oral para público familiar ’Se as árbores falaran’’, Iseo A Moura (Sala de conferencias O Toural, A Veiga)

11:30 Aldear Campus Auga: roteiro ao castro ’Río Xares’ e explicación da cultura castrexa a cargo de Begoña Garrido Labrador (GIDEP-UVIGO). (Prada, A Veiga)

11:30 Visita ao museo de Pepe de Barrio (Lamalonga, A Veiga)

13:30 Sesisión vermú con DJ Um Sincero (A Veiga)

19:00 Matrioskas, historias e músicas sobre mulleres (Sala de conferencias O Toural, A Veiga)

Por outra banda, o Festival Os Eidos de Outono celébrase en O Courel, a terra do poeta Uxío Novoneyra; nesta proposta hai unha combinación de música, danza e poesía en diferentes enclaves: a Escola María Mariño de Parada, o Campo da Feira de Seoane e a Fundación Uxío Novoneyra de Parada.

Aldearmos estará presente na súa versión de Itinerancias durante o sábado 29 de outubro. As actividades coas que participa a rede comezan ás 12:30 con Pel de Lobo: Un lobo de aldea de Anxo Moure na Escola María Mariño de Parada. As actividades de pola tarde serán no Campo da Feira de Seoane, ás 16:00 estará Mikel Aristegui co seu espectáculo Ouveao e as 18:00, Furia Sotelo e Mounqup.

A programación completa do Festival dos Eidos de Outono do Courel queda deste xeito:

Sábado 29

12h30 Anxo Moure. Pel de Lobo: Un lobo de aldea (Escola María Mariño, Parada)

16h00 Mikel Aristegui. Ouveo. (Campo da Feira, Seoane)

17h00 Cía Kirenia Danza. Primeiro a vida! (Campo da Feira, Seoane)

18h00 Furia Sotelo e Mounqup (Campo da Feira, Seoane)

23h00 DJs Café/Pub Hydra (Seoane)

Domingo 30

12h00 Recital dos Eidos (Fundación Uxío Novoneyra, Parada)

-Antón Reixa

-Mercedes Martínez Modroño

-Sara Plaza

-Miguel Anxo Fernán Vello

19h00 a 23h00 DJs Café/Pub Hydra en Seoane.

Relacionadas

O Concello de Ourense contará cun servizo de alugueiro de bicicletas eléctricas

0
A Xunta de Goberno Local, nunha convocatoria extraordinaria, de carácter urxente, convocada esta mañá, deu luz verde á aprobación dun expediente para a contratación...

Mañá sábado comezan as festas de Santa Marta de Velle

0
27, 28, 29 e 30 de xullo, catro días de festexos para todas as idades Os festexos, que contan coa colaboración do Concello, comezarán mañá...

O alcalde de Ourense recibe a xogadora ourensá internacional Carlota Álvarez

0
A xogadora do Club Hockey Albor de Ourense vén de proclamarse subcampiona de Europa sub 21 de hockey herba O alcalde de Ourense, Gonzalo P....

Comezan catro días de festas na Ponte na honra de Santiago Apóstolo

0
Os festexos desenvolveranse desde o mércores 24 ao sábado 27 de xullo Os locais de hostalería ampliarán o seu horario por un máximo de dúas...

A Xunta de Goberno Local do Concello aprobou 8 acordos na súa sesión ordinaria...

0
A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense adoptou 8 acordos na súa sesión ordinaria desta semana, que tivo lugar ás 8.30 h...

O Pleno aproba os convenios de colaboración que permitirán construír sete residencias para maiores...

0
A institución provincial investirá 2.650.916,95 euros nas anualidades de 2024 e 2025 para cofinanciar a construción de centros para maiores na Gudiña, A Teixeira,...

Publicacións Relacionadas