• O alcalde Luís Taboada e o tenente de alcalde Julio López comprobaron na súa visita as instalacións as opinións dos veciños e veciñas a esta nova iniciativa á que se acolleu o concello de Cruces
Terminouse a atención cidadá que a Xunta de Galicia está a realizar por varios concellos co nome de “Coidados Porta a Porta” á que se acolleu o alcalde Taboada sen ningunha dúbida e que resultou un éxito ao ser atendido en 4 días 108 veciños e veciñas, gozando dos servizos gratuítos de estimulación dá memoria, podoloxía e audioloxía.
Os servizos máis demandados foron os de podoloxía con 40 persoas atendidas e o de audioloxía con outras 40 persoas, sendo a estimulación da memoria a menos demandada con 28 persoas atendidas, todo isto en soamente 4 días que foron os 13-14-17 e 18 deste mes de outubro, cabe lembrar que este é un servizo gratuíto para maiores de 55 anos e que estivo instalado á beira do concello na Praza Juan Carlos I.
Tanto Luís Taboada como Julio López, saíron da reunión moi satisfeitos cos resultados obtidos neste primeiro servizo de atención á cidadanía desprazando os servizos ao propio concello achegando estas especialidades a todos os nosos veciños e veciñas, máis se cabe segundo comenta Taboada, cando hai uns días podíase comprobar o equipo do BNG como facían unhas declaracións totalmente desafortunadas e fóra de contexto “que non foron desmentidas polo seu portavoz o Sr. Fiuza”,ao dicir que este servizo era inútil que non se debería de ir, e que non era ser xeito de ser atendidos, cando doutra banda animaban aos veciños a non vacinarse en Santiago e que a Xunta vacinase no centro de saúde de Cruces, algo pouco concluínte coas súas anteriores palabras, xa que cando se achegan os servizos a Cruces para que os veciños e veciñas non teñan que ir a Santiago “parécelles mal e innecesario”. Segundo Taboada, “xa estamos afeitos ás incongruencias deste grupo político e do seu dirixente, que segundo lle interesa di unha cousa ou a contraria, eu quédome co positivo que é que se atenderon a 108 veciños e veciñas que non necesitaron saír de Cruces e animo á Xunta a que continúe con este servizo e por suposto que o mellore en días e en especialidades”.



