12.000€ en premios e alta participación no Entroido do concello de Ponteareas

adminON
Lectura mínima de 2

O Concello de Ponteareas fai un balance positivo do Entroido 2025 con rúas e prazas ateigadas de veciñas e veciños, un bo número de comparsas participantes, alta participación tamén nos concursos de disfraces e máis de 12.000€ que premiaron a creatividade e o bo humor.

Sete comparsas desfilaron o domingo de entroido e dez o martes para despois celebrar o acto de entrega de mencións nas que todas as comparsas resultaron destacadas. A mención á mellor coreografía infantil para o Centro de Desarrollo Musical (CDM); a de mellor animación para a Asociación Cultural Carnaval Cernadela; a de reciclaxe de materiais para Carnavaleros Asociación Cultural; a de mellor escenografía para Comparsa Meigallo; a mención á temática actual para “Guláns é noso”; a de mellor copla para a Asociación Veciñal San Vicente e Canedo que tamén levou a de mellor interacción co público e, por último a mención á mellor mellor carroza  e tamén á mellor coreografía foi para a Asociación Carnavalera Os Campechanos.

As comparsas desfilaron dende a rúa Feliciano Barrera o domingo e dende a casa do Concello o martes para desplegar arte e diversión en rúas polas que nunca desfilaran co obxectivo de achegar o espectáculo a un maior número de persoas “sobre todo para aquelas que teñen limitacións de mobilidade”, explica o tenente de alcaldesa e concelleiro de Cultura, Juan Carlos González Carrera.

O enterro da sardiña celebrarase hoxe mércores día 5 ás 19:30 horas co comezo do velorio diante da Casa do Concello e o enterro ás 20:00 horas con saída dende a Casa do Concello acompañado da charanga SDK ata a praza Maior.

Alcaldesa e tenente de alcaldesa agradecen a colaboración das asociacións que fan posible as comparsas así como do alumnado do Programa de Emprego Compromiso Xuvenil, Protección Civil, Policía Local e traballadores municipais que traballarán estes días para o desfrute de todas e de todos.

Comparte este artigo