Home Deputacións Deputación Pontevedra 1,2 millóns de euros da Deputación para a mellora da estrada provincial...

1,2 millóns de euros da Deputación para a mellora da estrada provincial entre Gondomar e O Porriño

- Anuncio -

A presidenta Carmela Silva visitou no lugar de Prado as obras xa iniciadas de transformación “transcendental” desta vía de 11,5 km

O alcalde de Gondomar asegurou que “o antes e o despois no concello é brutal grazas aos investimentos da Deputación” no centro urbano e nas parroquias

A presidenta da Deputación, Carmela Silva, acompañada do alcalde de Gondomar, Paco Ferreira, visitaron no lugar de Prado (Gondomar) as obras de mellora da seguridade viaria da EP-2403 que transcorre entre Mosende (O Porriño) e Morgadáns. A Deputación financia integramente esta actuación, que tamén afecta a EP-2404 de acceso a Chenlo (unha pequena vía de menos de 800 metros que transcorre paralela á EP-2403). As obras teñen un orzamento superior a 1,2 millóns de euros e están divididas en dúas fases, a primeira delas xa está en execución e a segunda será licitada nun prazo de arredor de dous meses.

Carmela Silva cualificou de “cambio transcendental” a actuación nesta estrada provincial de 11,5 quilómetros, xa que “o firme desta vía necesitaba un proxecto ambicioso e este o é”. A presidenta provincial remarcou que na actualidade están en execución as obras da primeira fase deste proxecto, cun orzamento de 530.000 euros, “que van permitir dar seguridade viaria a toda esta zona, de moito tránsito pesado”. Tamén adiantou que a Xunta de Goberno xa ten aprobado o proxecto da segunda fase coa que se investirán outros máis de 600.000 euros “para que poidamos rematar a actuación en todo o trazado: 1,2 millóns de euros” e que a transformación sexa unha realidade en arredor de oito meses.

A presidenta lembrou que “somos a administración da provincia con máis quilómetros de estradas, máis que a suma das estradas autonómicas e estatais, polo que cómpre entender o enorme esforzo que está a facer a Deputación por telas nas mellores condicións”. De feito, asegurou de forma rotunda, “non hai outra administración que faga un esforzo maior nas súas estradas”. Pola contra, Carmela Silva fixo un chamamento á Xunta de Galicia “para que teña en boas condicións as súas infraestruturas viarias na provincia e concretamente en Gondomar, porque están moi abandonadas”.

O alcalde de Gondomar, Paco Ferreira, puxo en valor a visita como “unha proba máis de que a Deputación está continuamente investindo e inaugurando obras en todos os concellos”, e asegurou que as estradas provinciais de Gondomar “están practicamente todas en óptimas condicións de reparación ou pintado”. Grazas aos investimentos da institución provincial, asegurou Ferreira, “estamos investindo tanto no centro urbano como nas parroquias, actuando nos 75 km2 de Gondomar para facer unha transformación brutal e total do territorio que sen a administración provincial, con programas como o Plan Concellos ou as obras en infraestruturas, sería imposible”. “O antes e o despois é obvio e é brutal”, concluíu o alcalde, “e a cidadanía así o detecta e sabe aprecialo”.

As obras de mellora da seguridade viaria na EP-2403 Mosende-Morgadáns e EP-2404 de acceso a Chenlo consisten no fresado e reposición do firme das estradas, na disposición de nova sinalización horizontal e vertical, na mellora da drenaxe e na instalación de sistemas de contención de vehículos, para o que se optou pola solución de barreiras metálicas. As obras de primeira fase abranguen desde o punto inicial da EP-2403 ata o quilómetro 6 e o total da EP-2404, mentres que as da segunda fase contemplarán a transformación entre os puntos quilométricos 6 e 11,5 da EP-2403, o final da vía. Con estes traballos, a Deputación inviste 1,2 millóns de euros na transformación destas estradas en Gondomar para adaptalas aos criterios de mobilidade amable, accesible, segura e sostible das infraestruturas provinciais.

Relacionadas

34 novos fogares apúntanse á compostaxe en Covelo

0
O Concello de Covelo en colaboración coa Sociedade Galega de Medio Ambiente entregou 34 novos composteiros e ofreceu aprendizaxe para un mellor aproveitamento e...

Xa se atopan traballando os 11 novos operarios que reforzan o servizo de limpeza...

0
-          O Concello contratou a unha empresa e traballadores de reforzo grazas a unha axuda provincial de máis de 270.000 euros -          Alcaldesa e concelleiros de Medio...

A Deputación incorpora preto de 3 millóns de euros ao Consorcio Provincial Contra Incendios...

0
Os novos recursos aprobados na sesión do Pleno celebrada este mércores proceden de remanentes do exercicio anterior e empregaranse na adquisición de vehículos, maquinaria,...

O Teatro espontáneo levanta o pano esta tarde o Mercado

0
A actividade está promovida pola Concellaría de Benestar Social e a asociación Inzar. É de acceso libre. É un obradoiro mensual, de dúas sesións...

XXXVII Festa do Choco de Redondela

0
A XXXVII Festa do Choco celebrarase en Redondela do 10 ao 12 de maio. Na presentación do evento, declarado de Interese Turístico de Galicia,...

Arranca o curso de Operacións Básicas de Almacenaxe e Reposición de Mercadorías en Salceda...

0
A formación, impartida pola Fundación Érguete-Integración en colaboración co Concello de Salceda, inclúese no programa Emprego Inclusivo, financiado pola Deputación de PontevedraEste mediodía tivo...

Publicacións Relacionadas