Home Pontevedra 15 maiores reciben atención nun proxecto pioneiro en Parderrubias

15 maiores reciben atención nun proxecto pioneiro en Parderrubias

- Anuncio -

O Concello achegou parte dos fondos do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero para este proxecto

              A xefa da unidade contra a violencia de xénero da Subdelegación do Goberno, Mª José Rodríguez, xunto coa Alcaldesa de Salceda, Loli Castiñeira, a Concelleira de benestar social e igualdade, Selene González, e unha representación da directiva da Asociación Veciñal Santo Tomé de Parderrubias, visitaron nesta semana as instalacións da antiga escola da Revolta, que dende fai meses teñen sido convertidas no novo “Obradoiro Social A Revolta”, no cal a Asociación Veciñal pode desenvolver as súas iniciativas. Este é o resultado dun excepcional traballo da entidade veciñal presidida por María Rodríguez, que conseguiu darlle unha nova vida a este edificio, que agora acolle ás persoas maiores que fai décadas asistiron a esas mesmas instalacións na súa época escolar.  

              O proxecto de atención a persoas maiores conta nestes momentos con 15 asistentes que, da man dunha educadora social, realizan tarefas que melloran sen dúbida a súa saúde mental e a súa autonomía, e ao mesmo tempo favorece a conciliación das familias, que durante tres tardes á semana evitan ter que, en moitas ocasións, deixar soas ás súas persoas maiores. Ademais da educadora, resulta fundamental a participación de voluntariado, que permite ofrecer un amplo abano de actividades tanto para maiores como para a rapazada da parroquia. Así, as persoas asistentes poden realizar tarefas de manualidades, pintura, ganchillo, xogos de mesa, lectura, puzzles, etc.

              María Rodríguez, Presidenta da Asociación Veciñal Santo Tomé de Parderrubias, amosábase ilusionada e agradecida por seguir a recibir apoio para o proxecto que “cambia a vida de tantas persoas que foron quen de dalo todo por nós na súa xuventude, e ás que agora nos toca devolverlles todo ese cariño”.

              Loli Castiñeira, Alcaldesa de Salceda, definiu o proxecto como “un proxecto pioneiro, exemplo do que pode conseguir a nosa sociedade cando traballa en conxunto”, e amosou o seu desexo de que este puidese ser un proxecto extrapolable ás demais parroquias de Salceda: “temos un tecido asociativo que nunca deixa de sorprendernos, neste caso con un proxecto que sen dúbida vén para quedarse, e para o que xa anunciamos que será prioritario o apoio do Concello”.

Relacionadas

Rafa Domínguez participa na estrea do documental “Consello de Galiza”, de Xan Leira

0
O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, participou esta tarde na estrea do documental “Consello de Galiza, o goberno galego no exilio”, que...

O Concello de Ponteareas solicita 15 millóns de euros para mellorar o acceso á...

0
O Concello de Ponteareas solicitará aos Plans EDIL (Plans de Actuación Integrados de Entidades Locais,) financiado con fondos FEDER 21-27, 15 millóns de euros...

Tui segue a reivindicar a figura de Rosendo Salvado

0
Do 25 de febreiro ao 1 de marzo celebraranse as Xornadas sobre este egrexio tudense Dende o próximo martes 25 de febreiro e até o...

15 comparsas desfilarán este sábado no inicio do Entruido de Soutomaior

0
Este ano Soutomaior volve a  recuperar o seu Entruido máis tradicional , grazas ao traballo de investigación realizado polo antropólogo Rafa Quintía, con actividades...

Luis López amosa o apoio da Deputación, cunha achega de 460.000€, para impulsar programas...

0
O presidente provincial, acompañado polos deputados Roberto Carrero e Sandra Bastos, visita o CIM da Guarda, que recibe a máxima colaboración da Deputación e...

Emilio X. Ínsua ofrece un faladoiro sobre Castelao nas Irmandades da Fala

0
Este venres ás 19.30, na Oficina de Turismo, teremos a segunda actividade vencellada ao Ano Castelao. Trátase dun coloquio arredor da militancia de Castelao...

Publicacións Relacionadas