O BNG de Vigo presenta publicamente o primeiro tramo da súa candidatura, elixido de forma unánime pola militancia na Asemblea Local, para as eleccións municipais do 28 de maio de 2023. Unha candidatura plural como a nosa cidade encabezada polo actual concelleiro, Xabier P. Igrexas, tras ser nomeado de novo, en setembro do pasado ano, como candidato á alcaldía.
Unha equipa formada por persoas novas con ampla experiencia en diferentes movementos sociais, do tecido cultural e do traballo, con mulleres bravas e feministas, con veciñas e veciños comprometidos cos seus barrios e parroquias. Unha candidatura que representa esa alternativa en positivo e construtiva coa que o BNG aspira a resetear a cidade para levar Vigo máis alá.
- Xabier Pérez Igrexas Val do Fragoso
Concelleiro e Portavoz municipal do BNG de Vigo desde o 2019, desenvolvendo neste tempo máis de 800 iniciativas e propostas para mellorar a nosa cidade. Implicado desde moi novo nos movementos sociais, fixo parte activa do asociacionismo veciñal desempeñando como secretario da FAVEC, no estudantil como secretario xeral dos Comités Abertos de Estudantes, e tamén a nivel sindical asumindo diferentes responsabilidades na CIG.
Administrativo de profesión, exerceu tamén como colaborador xornalístico en diferentes medios de comunicación. - Ana Martínez Piñeiro A Salgueira
Licenciada en Xeografía e Historia e Especialista en Xestión da Información na Administración e na Empresa. Bibliotecaria na Universidade de Vigo desde - Vicerresponsábel local e responsábel de Cultura e Lingua do BNG de Vigo, colaborou coa Asociación de Gaiteir@s Galeg@s na elaboración da súa base de datos de discografía da música tradicional.
- Filipe Abalde Comesaña Navia
Diplomado en Educación Física. Foi adestrador e preparador físico no fútbol base. Foi membro da directiva da S.C.D. Atlántida de Matamá e do Colectivo Malaherba. Vencellado ao celtismo, fai parte activa do Colectivo Galeguista “Nós”. Durante anos operario na automoción, actualmente traballa no audiovisual galego no eido da interpretación. - Elsa Quintas Alborés Candeán
Licenciada en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela, exerce como avogada con despacho profesional aberto en Vigo. Vicepresidenta da Mesa pola Normalización Lingüística e directora do Observatorio de Dereitos Lingüísticos. Activista lingüística, cultural e ambiental, fai parte de numerosas asociacións que defenden a nosa cultura e o ambiente. - Brais Ruanova Vilas-Boas Bembrive
- Graduado superior en Química Industrial, traballa no
- departamento de produción dunha empresa multinacional do sector
- agroquímico. Foi Responsábel Comarcal de Galiza Nova durante 5 anos e na
- actualidade é Responsábel de Organización do BNG na comarca de Vigo.
- Carmela González Iglesias Saiáns
- Deputada do BNG no Parlamento galego e responsábel local da fronte nacionalista en Vigo. Profesionalmente é funcionaria da Xunta de Galiza, actualmente na Escola Superior de Arte Dramática de Galiza en Vigo.
- Participou desde moi nova no movemento veciñal, foi parte da directiva da AV San Xurxo de Saiáns e da FAVEC. Colabora coa Escola do Vigo Rugby Club.
- Manuel Caride Correa O Calvario
- Licenciado en Socioloxía. É o responsábel do BNG na comarca de Vigo e forma parte desde o ano 2006 do seu Consello Nacional. Entre 2006 e 2015 fixo parte da equipa técnica do Grupo Municipal do BNG no Concello de Vigo.
- Olaia Chaves Fariña A Dobrada
- Estudou Relacións Laborais, mais hoxe traballa como celadora na sanidade pública. Activista social en numerosos campos, desde a solidariedade internacionalista, como parte do comité de Mar de Lumes, a defensa dos dereitos nacionais, en Vía Galega, e no eido do feminismo en diferentes organizacións e plataformas.
- Vítor Vaqueiro Foxo Alcabre (Independente)
- Licenciado en Química e doutor en Ciencias da Comunicación pola Universidade de Santiago de Compostela, achándose na actualidade en situación de reformado. Exerceu a docencia como profesor de matemáticas no ensino medio e de fotografía na universidade compostelá. Director do Arquivo Pacheco no período 2007-2011, ten publicados máis de vinte libros.
- Mª Pilar Rodríguez Pérez Sárdoma
- Enfermeira na sanidade pública. Vinculada desde moi nova á actividade sindical, na actualidade é a Secretaria Comarcal da CIG- Saúde de Vigo.
- Participou activamente no conflito e folga dos PACs que se desenvolveu entre 2018 e 2019. En 2019 foi elixida delegada de persoal do SERGAS. Na súa etapa estudantil participou dos Comités Abertos de Facultade.
- ACTO PÚBLICO CON ANA PONTÓN
- 2 de marzo, Mar de Vigo, 20h
- O BNG de Vigo presentará nun acto público este primeiro tramo da candidatura o vindeiro 2 de marzo, no Auditorio Mar de Vigo ás 20 horas. Contará coa participación da portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, e intervirán o número tres da candidatura, Filipe Abalde; a número dous, Ana Martínez; e o candidato á alcaldía de Vigo, Xabier P. Igrexas.



