O Porriño celebra as súas Xornadas de Reciclaxe falando do quinto contenedor 

adminON
Lectura mínima de 2

• O próximo martes 1 de abril, ás 19.00 horas o salón de plenos do Concello do  Porriño acollerá estas xornadas  

• Os asistentes poderán aprender a cómo usar o contenedor marrón ademáis de  recibir o material necesario para reciclar  

Con motivo da campaña para dar a coñecer a Lei de  Residuos, o Concello do Porriño, organizará o próximo 1 de abril, a partir das 19.00  horas, unas xornadas de reciclaxe explicando en qué consiste o quinto contenedor: o  marrón. Nesta sesión, os asistentes recibirán indicacións e os materiais necesarios para  facilitar e cumplir coa súa reciclaxe.  

Todos os participantes recibirán cubos de biorresiduos de 10 litros xunto coa chave  necesaria para poder empregar os novos contedores que se procederan a instalar nas  rúas.  

Esta campaña, impulsada polas concellerías de Medio Ambiente e Limpeza, leva en  activo máis dun ano e ten como obxectivo principal conseguir que toda a cidade do  Porriño recicle, conciencíese da xestión dos residuos e se convirta nunha urbe más  limpa e sostible no tempo.  

“É esencial que todos tomemos conciencia da importancia de separar e reciclar  adecuadamente, non só para reducir a cantidade de residuos que enviamos ás  entulleiras, senón tamén para contribuír á saúde do medio ambiente”, explicou a  concelleira, Antía Carrera, concelleira de Medio Ambiente.  

“Compostar os restos orgánicos non só axuda a diminuír a cantidade de lixo, senón que  tamén produce un abono natural que pode ser utilizado en xardíns e hortas, pechando  así o ciclo natural”, engadiu Carlos González, concelleiro de Limpieza.  

Desde o Concello do Porriño se aposta por este tipo de xornadas en busca dunha  sociedade máis concienciada co medio ambiente e facilitar que esta se familiarice coas existen para a construción dun mundo máis sostible.

Comparte este artigo