300 alumnos e alumnas de Primaria asistiron hoxe á representación de “Wombo Combo”

adminON
Lectura mínima de 2

A obra de Galeatro chegou ao Teatro Municipal dentro do programa +Escénicas da Deputación co colaboración do Concello de Tui

Preto 300 alumnos e alumnas dos centros educativos de Tui asistiron hoxe no Teatro Municipal de Tui á representación de “Wombo Combo” da man de Galeatro. Esta obra teatral chega a Tui dentro do programa + Escénicas da Deputación de Pontevedra coa colaboración do Concello de Tui.

O alumnado de 3º e 4º de Primaria os CEIP’s nº1, nº2, Rebordáns, Guillarei, Randufe, Pazos de Reis, Caldelas, e do Colexio Maristas Santa María asistiu hoxe á representación desta peza teatral escrita por Paula Carballeira, coa que foi finalista a mellor proposta para público familiar nos Premios María Casares 2023.

A obra, dirixida por Davide González e interpretada por Alba Bermúdez, Mario Rodrígez, Tone Martínez reflexiona sobre a vida real e a virtual e a soidade na adolescencia. A súa protagonista, Sara, ten a sensación de que podería desaparecer e ninguén se decataría. Ten outra vida na que xoga en liña con ducias de persoas e
na que cada vez pasa máis tempo. Deixa de falar, de comer, de durmir… ata que entra nun videoxogo que lle propón retos que debe cumprir na vida real.

Comparte este artigo