86 familias beneficiáronse do Programa de Conciliación Escola de Verán 2025

adminON
Lectura mínima de 1

Finaliza a “Escola de verán 2025” cun gran éxito de participación

Un total de 116 menores participaron na iniciativa da Concellería de igualdade do Concello de Baiona, que cumpre cunha dobre función: promover a conciliación de vida familiar e laboral e ao mesmo tempo facilitar un espazo educativo e de entretemento para os nenos e nenas favorecendo o seu desenvolvemento integral.

Os participantes gozaron con numerosas e variadas actividades organizadas, así como das saídas programadas á contorna nas que colaboraron diferentes entidades locais como o viveiro de Sabarís .

Beneficiáronse do servizo 86 familias e 116 menores de entre 3 e 12 anos. A franxa de idade con maior participantes foi a dos menores entre 3 e 5 anos, que supuxo un 33,62%.

A actividade foi cofinanciada polas familias participantes e pola Deputación de Pontevedra no marco do Plan + Provincia 2025.

Comparte este artigo