Home Pontevedra Deza A 21ª edición da cita informática XGN R Encounter celebrarase do 9...

A 21ª edición da cita informática XGN R Encounter celebrarase do 9 ao 11 de outubro recuperando o seu formato presencial

- Anuncio -

• O recinto Feira Internacional de Galicia ABANCA volverá a reunir aos asistentes nos seus dous pavillóns principais, os cales contan con máis de 10.000 metros cadrados cada un

• Levarase a cabo con toda as medidas de seguridade e o protocolo que establezan as autoridades sanitarias en función da situación derivada da COVID-19

A XGN R Encounter, a maior lanparty de Galicia, celebrará a súa 21ª edición do 9 ao 11 de outubro. E farao retomando o seu formato presencial tras levarse a cabo online o pasado ano.

Así, o recinto Feira Internacional de Galicia ABANCA volverá reunir a profesionais e afeccionados á informática e ás novas tecnoloxías nos seus dous pavillóns principais, os cales contan con máis de 10.000 metros cadrados cada un.

O evento desenvolverase con todas as medidas de seguridade e o protocolo que establezan as autoridades sanitarias en función da situación derivada da COVID-19.

A Feira Internacional de Galicia ABANCA irá deseñando nas próximas semanas esta edición, que é a quinta coa operadora galega R como colaboradora e patrocinadora oficial e que de novo conta co apoio da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia, impulsora da party. Unha cita coa que se pretende recuperar a esencia deste tipo de eventos, o intercambio de experiencias máis aló do espazo virtual, para posteriormente continuar coa excelente evolución desta lanparty, a cal pretende converterse na segunda de España.

Un obxectivo vinculado á rede de Encounters do Grupo Euskaltel, ao que R pertence, a través da súa Fundación, que vén desenvolvéndose no País Vasco desde hai máis de 25 anos e da que forman parte a Euskal Encounter, a Gipuzkoa Encounter e a Araba Encounter.

Amplo programa para rexistrados

Aínda que algunhas decisións sobre esta edición se tomarán proximamente, o que non cambiará respecto a anteriores citas será o seu completo programa de actividades para os rexistrados na Intranet, a cal incluirá un gran número de actividades formativas e lúdicas.

Relacionadas

Redondela mantén a punto os areais no comezo da primavera

0
Nas semanas previas á chegada da primavera e a Semana Santa o departamento de Medio Ambiente do Concello de Redondela deixou en estado de...

A Deputación inicia a incoación do expediente de honra a favor da doutora ourensá...

0
Marisa Crespo-Leiro (Cea, 1961), é un referente mundial no ámbito da insuficiencia cardíaca e os transplantes de corazón. Licenciada en Medicina pola Universidade de...

O Concello lanza un novo sorteo de 100 tarxetas regalo de 50 euros por...

0
A campaña arrancará desenvolverase entre o 1 e o 30 de abril. Pódese participar a partir de 30 euros de compra, depositando os tickets...

Cinco estreas na XIV Semana de Teatro Amador

0
O Teatro Municipal acollerá do luns 1 ao venres 5 as novas montaxes dos grupos de teatro CAI, Chirlomirlo, Aloia, San Fins, e A...

59 días para a marcha cicloturista Sestelo-Clásica Álvaro Pino

0
O alcalde de Covelo e a organización da marcha reúnense para ultimar os preparativos A 59 días da celebración deste evento que recorre o Condado,...

Aprazado para o sábado 6 e domingo 7 o III Encontro de Viños da...

0
Mantéñense as actividades paralelas no edificio da praza da Inmaculada Debido á adversa previsión do tempo para  a fin de semana o III Encontro de...

Publicacións Relacionadas