Home Pontevedra Deza A 21ª XGN R Encounter suma no seu programa máis de 40...

A 21ª XGN R Encounter suma no seu programa máis de 40 actividades relacionadas coas novas tecnoloxías e o ocio electrónico

- Anuncio -

 Esta lanparty, que terá lugar do 9 ao 11 de outubro na Feira Internacional de Galicia ABANCA, recupera o formato presencial para os inscritos, quen poderán participar en competicións exclusivas de arte dixital, hardware, software libre ou videoxogos

 As actividades de acceso libre serán unicamente online e poderanse desfrutar a través do canal de Discord da party ou de Youtube, incluíndo interesantes conferencias e talleres

 Boa parte destas propostas será retransmitida e comentada nun maratoniano programa, Encounter TV, que se emitirá por streaming a través da plataforma Twitch, de forma que será accesible a calquera persoa interesada en seguir a actualidade desta cita

A XGN R Encounter ten xa practicamente definido o programa da súa 21ª edición, a cal se celebrará do 9 ao 11 de outubro na Feira Internacional de Galicia ABANCA retomando o formato presencial para aquelas persoas rexistradas na party.

Así, o seu programa contará con máis de 40 actividades lúdicas e formativas relacionadas coa informática, as novas tecnoloxías e o lecer electrónico.

En canto ás propostas dirixidas exclusivamente aos rexistrados, a Intranet da XGN R Encounter incluirá competicións de arte dixital, centradas en curtametraxe, gráficos 3D,
ilustración e música dixital, concurso de dobraxes e fotografía, retoque fotográfico, fast
compos e anime music vídeo. Ademais, en hardware contará con numerosas actividades, entre elas modificación e personalización de equipos, ‘granxas’ de impresoras 3D, un taller para montar unha “ retroconsola”, a Open Led Race, carreira onde os participantes terán que facer avanzar a súa cor LED por un circuíto, e tamén o Roteiro Maker, unha iniciativa que tenta achegar a ciencia e a tecnoloxía ás zonas rurais e semirrurais de Galicia con diferentes talleres para todos os públicos e nun formato innovador e divertido.

Así mesmo, os participantes poderán tomar parte, no apartado de software libre, no AI
Contest, unha proba consistente en programar un robot para que compita con outros nun
sinxelo xogo. Ademais, organízanse torneos de trece videoxogos distintos, con títulos como LOL, CSGO, Valorant ou Skribbl. io para pc e Fifa21, JustDance 21, Guilty Gear: Strive ou Mario Kart 8: Deluxe para consola. E, como sempre, haberá tamén divertidos xogos como o Trivial de cinema, o karaoke ou o “Non te rías que é peor”.

Por outra banda, a XGN R Encounter incluirá un programa de actividades online de acceso aberto e gratuíto, tanto para participantes como para público en xeral, dentro do espazo denominado Extranet. Así, poderase desfrutar a través da canle de Discord da party ou de Youtube de conferencias e talleres con títulos tan atractivos como “Guía de supervivencia de criptomonedas”, “ IVAO España, a familia da simulación aérea”, “Un stream desde o outro lado” ou “O onte e hoxe do k-pop”.

Encounter TV
Moitas das actividades da XGN R Encounter, tanto dirixidas aos inscritos como abertas ao público xeral, serán retransmitidas e comentadas nun extenso programa que se emitirá en streaming durante os dous primeiros días do evento a través da plataforma “Twitch”, de forma que será accesible a calquera persoa interesada en seguir a actualidade do encontro tecnolóxico. O programa, que leva por título EncounterTV, incluirá ademais entrevistas e actuacións musicais e humorísticas

O recinto Feira Internacional de Galicia ABANCA ultima xa xunto coa Fundación Euskaltel todo o contido desta 21ª edición. Unha cita que é a quinta con R como colaboradora e patrocinadora oficial, a cal proporciona ademais 20 xigas de velocidade ao evento, e que conta de novo co apoio da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia, impulsora da party.

Relacionadas

O Concello presenta a sexta edición da Feira de Minerais de Guláns que inclúe...

0
• O evento, que se desenvolve entre o 3 e 5 de maio, inclúe obradoiros nos colexios do municipio O Concello presentou a sexta edición...

Ruta guiada polo Val do Louro, Covelo, este domingo día 28

0
De trazado circular e dificultade media, o PRG-258 pode realizarse en arredor de cinco horas partindo ás 09:00 horas do monte da Guía, en...

O proceso participativo da estratexia 2030 recaba as ideas dos axentes sociais da vila

0
• As principais entidades asociativas da vila e empresas expuxeron as súas inquedanzas • Con esta reunión preténdese crear un camiño de unión no cumprimento...

Portas rendirán homenaxe ao cartógrafo e matemático Domingo Fontán no 236 aniversario do seu...

0
O acto desenrolarase este domingo ás 12 horas na Casa de Cultura no lugar de Porta do Conde, lugar de nacemento do insigne ilustrado. A...

Play-Doc reivindica o pasado e o presente do cinema galego na súa 20 edición

0
Play-Doc presenta os trece títulos da Competición Galicia e inaugura a sección Sombras, dedicada a recuperar películas de cineastas galegos cuxa obra foi pouco...

O Concello de Nigrán ofrece este domingo no muíño de Porto do Molle o...

0
A escritora e editora Blanca Trigo suma o seu talento ao do pintor Ramón Trigo para crear unha obra conxunta de gran formato O Concello...

Publicacións Relacionadas