Home Pontevedra Campo Lameiro A Abanca garante o servizo bancario presencial en Campo Lameiro con carácter...

A Abanca garante o servizo bancario presencial en Campo Lameiro con carácter indefinido cunha unidade móbil 3 días á semana e os días de feira

- Anuncio -

A entidade crediticia comprométese tamén a manter operativo un caixeiro automático de última xeración con todas as súas funcións activadas e un sistema operativo intiuitivo de fácil manexo para persoas maiores e os menos familiarizados coa tecnoloxía.

Campo Lameiro terá servizos bancarios de ABANCA tres días á semana (martes, mércores e xoves e os 4 e 20 de cada mes coincidindo cos días de Feira) cunha unidade bancaria móbil, ademais dun Caixeiro Automático de última xeración con todas as súas funcións activadas e un sistema operativo de fácil manexo para persoas maiores e os menos familiarizados coa tecnoloxía, segundo confirmaron esta mañá ao alcalde, Carlos Costa, directivos Territoriais da Entidade.

A recuperación destes servizos farase de maneira gradual e así o venres 24 de setembro entrará en funcionamento o novo Caixeiro Automático de última xeración con todas as aplicacións activadas, o 5 de outubro comezará a operar a Unidade Móbil Bancaria e a atención ás feiras terá lugar a partir do mes de novembro.

ABANCA garante que este novo servizo presencial en Campo Lameiro terá un carácter indefinido no tempo e prestarase 3 días á semana e os días 4 e 20 de cada mes. O horario de atención ao público será de 9 a 14 horas de maneira ininterrompida os martes e os xoves e os mércores será pola tarde de 17 a 19 horas. Os días de Feira será pola mañá, de 9 a 14 horas.

Así, coa unidade bancaria móbil e o Caixeiro, os veciños de Campo Lameiro teñen á súa disposición un servizo que permite realizar de forma cómoda e segura as operacións máis necesarias e frecuentes na operatoria diaria: retirada e ingreso de efectivo, pago de recibos e impostos con tarxeta ou caderno, transferencias e traspasos, solicitude de movementos, etc.

O Caixeiro de Campo Lameiro será mellorado cun menú que facilita o seu uso polas persoas maiores e polos menos familiarizados coa tecnoloxía. Ademais, durante as primeiras semanas ABANCA reforza o servizo de apoio cunha persoa para facilitar o seu uso para todas as persoas que o necesiten. Nesta tarefa contará co valioso apoio do Concello.

Relacionadas

A Deputación inicia a incoación do expediente de honra a favor da doutora ourensá...

0
Marisa Crespo-Leiro (Cea, 1961), é un referente mundial no ámbito da insuficiencia cardíaca e os transplantes de corazón. Licenciada en Medicina pola Universidade de...

O Concello lanza un novo sorteo de 100 tarxetas regalo de 50 euros por...

0
A campaña arrancará desenvolverase entre o 1 e o 30 de abril. Pódese participar a partir de 30 euros de compra, depositando os tickets...

Cinco estreas na XIV Semana de Teatro Amador

0
O Teatro Municipal acollerá do luns 1 ao venres 5 as novas montaxes dos grupos de teatro CAI, Chirlomirlo, Aloia, San Fins, e A...

59 días para a marcha cicloturista Sestelo-Clásica Álvaro Pino

0
O alcalde de Covelo e a organización da marcha reúnense para ultimar os preparativos A 59 días da celebración deste evento que recorre o Condado,...

Aprazado para o sábado 6 e domingo 7 o III Encontro de Viños da...

0
Mantéñense as actividades paralelas no edificio da praza da Inmaculada Debido á adversa previsión do tempo para  a fin de semana o III Encontro de...

Actividade de Fotografía e Natureza aprazada

0
A actividade de Fotografía e Natureza programada para o día 30 queda aprazada pola chuvia ata novo aviso.

Publicacións Relacionadas