Home Pontevedra O Salnés A Agrupación Socialista de Vilagarcía de mans libres ao seu grupo municipal...

A Agrupación Socialista de Vilagarcía de mans libres ao seu grupo municipal para chegar a “acordos que continúen facendo progresar a Vilagarcía”

- Anuncio -

A asemblea socialista celebrada no día de onte amosou o apoio unánime ao goberno municipal saínte e ao grupo municipal actual que lidera Alberto Varela, aos que pediron que continúen co seu proxecto

Na mesma sesión os socialistas aprobaron por aclamación a proposta de que Modesto Pose continúe a ter un papel “relevante e preponderante” nas vindeiras candidaturas xerais
Vilagarcía de Arousa, 7 de xuño de 2023.- A asemblea socialista de Vilagarcía, celebrada onte na Casa do Pobo, valorou os resultados municipais de Vilagarcía e formulou a súa proposta para as vindeiras candidaturas ás eleccións xerais nas que, como se manifestou na asemblea, o país xogarase a dicotomía entre “avanzar ou retroceder”.

A nutrida asemblea local dos socialistas foi notoriamente participativa, e contou tamén con novas incorporacións dado que se informou do incremento do censo de afiliados que se foi producindo durante a campaña electoral e tamén nos días posteriores ás eleccións. As conclusións obtidas nesta asemblea reforzaron ao actual goberno local e ao Alcalde, Alberto Varela, ao que encomendaron a tarefa de “chegar a acordos que continúen facendo progresar a Vilagarcía”. Como expresou o secretario xeral da agrupación, Julio Torrado, “os resultados numéricos son distintos aos que tiñamos e aos que desexábamos, pero a cidadanía continúa outorgando as forzas progresistas a responsabilidade de forxar os avances dos vindeiros catro anos”. Para esta labor, a asemblea expresou que “a vontade é clara para un goberno de progreso en Vilagarcía, e esta asemblea confía e da mans libres ao grupo municipal para buscar a fórmula”, expresou. Torrado tamén apuntou que “esperamos que a dereita sexa quen, agora, de construír en favor de Vilagarcía” e confiou en que “non se dedique a ser unha ferramenta de boicot enviada dende fora para torpedear”.

Esta sesión da asemblea contou tamén coa proposta e debate das candidaturas ás eleccións xerais que se celebrarán o vindeiro 23 de xullo. Acerca desta convocatoria, varios dos asistentes amosaron a necesidade de ser máis eficientes que nunca para trasladar a mensaxe, debido a que “xogámonos a decisión de avanzar ou retroceder”. Para esta tarefa, os socialistas de Vilagarcía continuaron apostando pola figura de Modesto Pose para ser incluído nas candidaturas ás eleccións xerais. Destacou Torrado que “Modesto Pose non só foi un activo senador, senón que é un político influínte que tamén estivo na axuda de moitas solucións que este goberno municipal atopa a través do Goberno do Estado”, e puxo en valor a súa capacidade de influencia e de traballo. Ademais de Modesto Pose, os socialistas locais apoiaron a inclusión nas candidaturas de membros de Xuventudes Socialistas, entre os que Vilagarcía quere contar co vilagarcián Iago Carril neses espazos das candidaturas reservados á agrupación máis moza, e ao que promoveron tamén para estar presente na campaña.

Relacionadas

A Deputación inicia a incoación do expediente de honra a favor da doutora ourensá...

0
Marisa Crespo-Leiro (Cea, 1961), é un referente mundial no ámbito da insuficiencia cardíaca e os transplantes de corazón. Licenciada en Medicina pola Universidade de...

O Concello lanza un novo sorteo de 100 tarxetas regalo de 50 euros por...

0
A campaña arrancará desenvolverase entre o 1 e o 30 de abril. Pódese participar a partir de 30 euros de compra, depositando os tickets...

Cinco estreas na XIV Semana de Teatro Amador

0
O Teatro Municipal acollerá do luns 1 ao venres 5 as novas montaxes dos grupos de teatro CAI, Chirlomirlo, Aloia, San Fins, e A...

59 días para a marcha cicloturista Sestelo-Clásica Álvaro Pino

0
O alcalde de Covelo e a organización da marcha reúnense para ultimar os preparativos A 59 días da celebración deste evento que recorre o Condado,...

Aprazado para o sábado 6 e domingo 7 o III Encontro de Viños da...

0
Mantéñense as actividades paralelas no edificio da praza da Inmaculada Debido á adversa previsión do tempo para  a fin de semana o III Encontro de...

Actividade de Fotografía e Natureza aprazada

0
A actividade de Fotografía e Natureza programada para o día 30 queda aprazada pola chuvia ata novo aviso.

Publicacións Relacionadas