HomeO MorrazoMarínA Alameda acollerá este domingo a V Mostra de Artesanía de Marín

A Alameda acollerá este domingo a V Mostra de Artesanía de Marín

- Anuncio -spot_img

O mercadiño abrirá ás 10.00 horas e ao longo de toda a xornada haberá presentacións literarias, música na sesión vermú e actividades infantís.

A artesanía terá un papel protagonista esta domingo na Alameda de Marín coa
celebración da V Mostra que organiza a Asociación Gallaecia. A partir das 10.00
horas abrirase o mercado, que está á disposición do público ata as 22.00horas, e a
partir dese momento haberá moitas actividades.

Ás 13.00 horas, presentarase o audiolibro “A primeira meiga”, escrito e producido
polo marinense Juan Prieto, que estará na Alameda para tamén realizar unha
firma de exemplares.

A paritr das 13.30 horas, teremos sesión vermú a cargo da banda “Querido
extraño”, que chegarán dende Pontevedra co seu estilo de folk, country e blues.
Xa pola tarde, a partir das 18.00 horas, Laura Naveira fará animación infantil e ás
19.00 horas, teremos actuación da agrupación de Zumba “Kris y los Zumbis”.

Publicacións Relacionadas