A Alameda Castelao será “Un Mar de xogos” para todas as idades

adminON
Lectura mínima de 1

Nas tardes do venres e o sábado a Alameda Castelao acollerá a instalación de xogos de madeira “Un Mar de xogos”, un espazo de divertimento interxeracional para brincar, enredar e sobre todo, divertirse.

A actividade, dentro da programación do Concello, realizarase en horario de 17.00 a 20.30 horas. Esta proposta, do colectivo Bico de Toupa, ofrece unha ducia de xogos de madeira vencellados co mar, poñendo en valor “o coñecemento da cultura mariña e do coidado dos océanos”. Algúns dos xogos están dirixidos á primeira infancia, para rapazada de 1 a 4 anos, e outros para maiores de 5 anos, aínda que todos eles están pensados para compartir en familia. Trátase de xogos de habilidade, equilibrio ou destreza como o Peixelín, Cruzar o charco, O equilibrio da raia ou o Surfeiro, entre outros.

En caso de chuvia a actividade realizarase no Multiúsos da Xunqueira.

Comparte este artigo