HomeVigoMosA alcaldesa de Mos esixe aos técnicos do Ministerio de Transportes a...

A alcaldesa de Mos esixe aos técnicos do Ministerio de Transportes a reparación inmediata do terraplén colapsado da A55.

- Anuncio -spot_img

Nunha visita ao lugar no que tivo lugar o desprendemento, a alcaldesa, xunto a membros do seu goberno municipal, coordinaron actuacións co persoal técnico de fomento.

Na mañá deste pasado luns, unha delegación encabezada pola alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, xunto cos concelleiros do goberno local Camilo Grandal, José Ramilo e Felisa Rodríguez, e o arquitecto municipal Ramón Vega, visitaron o terraplén colapsado na autovía A55. Nesta visita tamén participaron técnicos da Unidade de Estradas do Ministerio de Transportes e Mobilidade, responsables da empresa concesionaria do mantemento, e veciños das vivendas afectadas pola incidencia.

A visita realizouse co obxectivo de avaliar in situ os danos provocados polo desprendemento de terras ocorrido días atrás e coordinar a actuación inmediata para garantir a seguridade viaria e a protección das vivendas situadas na zona do desprendemento. A enxeñeira Yolanda Fernández, do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, estivo presente na inspección técnica, acompañada pola responsable da empresa de mantemento e conservación da autovía.

Durante a visita, os técnicos realizaron unha revisión visual da zona afectada e recolleron datos sobre as características xeolóxicas do terreo, a vexetación, os sistemas de regadío e as condicións meteorolóxicas recentes que puideron influír na inestabilidade da zona.

A alcaldesa Nidia Arévalo expresou a súa enorme preocupación pola seguridade da veciñanza e destacou que “toda a administración municipal está a coordinarse co Ministerio e coa empresa de mantemento para conseguir unha resposta rápida e eficiente. Os veciños son a nosa prioridade en materia de seguridade”.

Alcaldesa e concelleiros esixiron ao persoal de Fomento que as medidas preventivas que se van adoptar nesta actuación se estendan a outras zonas da A55 con características similares, para evitar novos incidentes no futuro.

Os veciños presentes manifestaron o seu malestar e preocupación polos riscos derivados do desprendemento e polo impacto que esta situación ten na súa vida diaria. Agradeceron a presenza das autoridades e solicitaron actualizacións periódicas sobre os traballos e as medidas de seguridade.

Esta nova inspección, forma parte des reclamacións continuas do Concello de Mos ao Ministerio para abordar tanto este incidente puntual, como a falta de mantemento das vías estatais do Ministerio ao seu paso por todo o termo municipal mosense, para o que se precisa un compromiso firme do gobernó do estado para aportar solución canto antes e previr futuros incidentes mediante actuacións técnicas adecuadas.

Publicacións Relacionadas