HomeVigoMosA alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, supervisa o inicio das obras de...

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, supervisa o inicio das obras de humanización da contorna de San Miguel de Pereiras

- Anuncio -spot_img

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, acompañada polos concelleiros Camilo Grandal e Leo Costas, visitou onte o inicio das obras de humanización da contorna da Igrexa de San Miguel de Pereiras, financiadas integramente pola Xunta de Galicia cun investimento de 399.000 euros (IVE incluído) a través da Axencia de Turismo de Galicia.

A actuación sitúase nun espazo protexido pola súa riqueza patrimonial, xa que se atopa ao pé da igrexa parroquial de 1788 e do Castro de Pereiras. O proxecto está deseñado para respectar e poñer en valor estes elementos históricos, ao tempo que transforma o ámbito urbano para facelo máis accesible e humano.

Os traballos inclúen: pavimentación con granito e formigón, creación dunha plataforma única que favoreza o paso peonil, habilitación dunha nova zona de aparcamento e torreiro, humanización do Camiño de Pazos, soterramento de redes eléctricas e de telefonía, renovación das redes de pluviais, saneamento e abastecemento, instalación dunha nova rede de alumeado, zonas axardinadas, arborado e mobiliario urbano.

A alcaldesa Nidia Arévalo destacou que con esta intervención “creamos espazos máis humanos, accesibles e pensados para a convivencia”. Subliñou ademais que se trata dun paso máis dentro dun proxecto global que inclúe a parroquia de Pereiras e que suporá un investimento total de 1,2 millóns de euros entre 2025 e 2026.

Publicacións Relacionadas