A asociación puido concurrir a todas estas probas de baile dentro e fóra das nosas fronteiras grazas ás axudas do Plan Social Ence
A alcaldesa de Marín, María Ramallo, recibiu onte a unha representación da Asociación de Bailarís de Marín, que acudiron ao Concello co obxectivo de facer balance dos logros acadados durante a tempada pasada.
Tal e como explicaron desde a asociación, a axuda do Plan Social ENCE foi crucial para poder financiar as viaxes que conduciron ao alumnado desde México a Nueva York, pasado por certames nacionais celebrados en Barcelona, Aranjuez e Santiago.
A participación dos bailaríns marinenses nestes certames foi moi exitosa, obtendo sendas clasificacións para as finais do Youth America Grand Prix, que se celebrou en Nueva York coas coreografías Tulio e A Whole Group of Friends.
Exitosa foi tamén a participación deste grupo de bailaríns no Dance Open America, celebrado en Aranjuez durante o pasado mes de febreiro. Mencionando unicamente primeiros premios, podemos citar os triunfos en categorías individual masculino clásico, Teo García; individual contemporáneo; Nicolás Capelo, senior contemporáneo, Ainhoa Souto; tríos contemporáneo, Daniela Gago, Julieta Borré e Victoria Oltra. En Ensembles (coreografías grupales) obtuvieron asemade primeiros premios con Last Call e A Whole Group of Friends.
Adicionalmente, eses premios levan aparelladas mencións especiais polo bo desempeño, becas e inscricións gratuítas en cursos intensivos organizados por prestixiosas academias de danza de todo o mundo.